Francisco Mourelle de la Rúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Mourelle de la Rúa
Francisco Mourelle de la Rúa
Francisco Antonio Mourelle de la Rúa
Nacemento: 17 de xullo de 1750
Corme, Ponteceso, A Coruña
Galicia Galicia
Falecemento: 24 de maio de 1820
Cádiz España España

Francisco Antonio Mourelle de la Rúa, nado en Gondomil, Corme Aldea[1] (Ponteceso) o 17 de xullo de 1750 e falecido en Cádiz o 24 de maio de 1820, foi un navegante galego, descubridor dalgunhas das illas Tonga. Na documentación francesa e inglesa da época o seu apelido aparece cambiado polo de Maurelle.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na academia de pilotos de Ferrol. En 1775 foi nomeado primeiro piloto do porto de San Blas, na costa oeste de México.[2] Participou en dúas expedicións como piloto de Juan Francisco de la Bodega y Quadra, na exploración da costa oeste de América do Norte. Na primeira, a bordo do Sonora, tomaron posesión de Puerto Trinidad (Trinidad Bay, en California), Puerto de Bucareli (Bucarili Sound, en Alasca) e Puerto de los Remedios (Sea Lion Bay, tamén en Alaska). Mourelle destacou polas descricións do seu diario, publicado en inglés e utilizado per James Cook e Jean-François de La Pérouse.

En 1779 é nomeado segundo oficial da Favorita, con de la Bodega, e chegan xuntos a Isla de Carmen (Kayak Island, en Alaska).

Illas do Pacífico[editar | editar a fonte]

É destinado a Manila, onde o gobernador lle confía a comandancia da fragata Princesa. Parte o 30 de novembro de 1780 cara a México, pero os fortes ventos desvíano da ruta tradicional de Manila a Acapulco, e decide ir cara a levante polo Pacífico Sur.

Pasa polas illas Carolinas, o arquipélago Bismarck (illas do Almirantado e Nova Irlanda) e as illas Salomón. Ao norte de Nova Irlanda descobriu diversas illas menores: Illa Ermitaño (hoxe Emirau), San Francisco (Simberi), San José (Mabua) e San Antonio (Tabar). Polas illas Salomón pasa por El Roncador (Ontong Java).

O 26 de febreiro de 1781 chega ás illas Tonga en condicións precarias. Á primeira illa chámalle Amargura (Fonualei), porque nela non atopa avituallamento. Pasa polo volcán Latte (Late) ata chegar a Puerto Refugio (Port of Refuge) da illa Mayorga (Vava'u). Chama ao grupo de illas Mayorga (hoxe Grupo Vava'u) en honra ao vicerrei de Nova España, o barcelonés Martí de Mayorga.

Logo de dezaseis días seguen cara ao suroeste, onde descobren os volcáns Consolación (Toku) e Culebras (Fonuafo'ou), e algunhas illas menores no grupo Ha'apai, que chama illas Gálvez en honra a José de Gálvez, ministro de Indias.

Chegado aos 30º de latitude sur, regresa a Tonga e segue cara ao norleste, descubrindo Isla del Cocal (Nanumaga) e San Agustín (Nanumea) nas illas Ellice, hoxe Tuvalu. Decide regresar pola ruta tradicional do Pacífico Norte. Logo de achegarse a Guam, chega a San Blas o 27 de setembro de 1781.


  1. Ventura Lado, Juan (23 de outubro de 2010). "El cormelán almirante del Pacífico" (en castelán). La Voz de Galicia. Arquivado do orixinal o 23 de outubro de 2010. http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/10/23/0003_8801053.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz. Consultado o 30 de outubro de 2010. 
  2. García Blanco, Javier (2013). "Mourelle de La Rúa, el "almirante" olvidado" (en castelán). Historia de Iberia Vieja (américa-iberica) (91): 90-95. http://www.historiadeiberiavieja.com/noticia.asp?ref=1013&cadena=mourelle&como=1. Consultado o 27 de abril de 2013. 

Guerras Napoleónicas[editar | editar a fonte]

Retrato de Mourelle

Mourelle regresa a España, exercendo desde 1797 como comandante do porto de Alxeciras, desde onde combate as naves inglesas durante as Guerras Napoleónicas. En total participa en 40 combates navais, facéndose con 16 naves inimigas, se ben sufriu a derrota da batalla de Trafalgar.

Descansa no Panteón de Mariñeiros Ilustres de Cádiz.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ventura Lado, Juan (23 de outubro de 2010). "El cormelán almirante del Pacífico" (en castelán). La Voz de Galicia. Arquivado do orixinal o 23 de outubro de 2010. http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/10/23/0003_8801053.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz. Consultado o 30 de outubro de 2010. 
  2. García Blanco, Javier (2013). "Mourelle de La Rúa, el "almirante" olvidado" (en castelán). Historia de Iberia Vieja (américa-iberica) (91): 90-95. http://www.historiadeiberiavieja.com/noticia.asp?ref=1013&cadena=mourelle&como=1. Consultado o 27 de abril de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]