Kotu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O grupo Kotu, ou tamén grupo Lulunga, é un grupo de illas ao suroeste do grupo Ha'apai, entre o grupo Nomuka e o Lifuka, no reino de Tonga.

Son illas baixas e pequenas, de menos de 2 km², e tan só seis delas están habitadas. Administrativamente forman o distrito de Lulunga na división de Ha'apai. Aínda que o grupo recibe o nome da illa Kotu, a máis grande e poboada é Ha'afeva.