Kao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kao
Vista da illa
Illas Tofua (illa grande) e Kao (pequena illa completamente escura polas nubes)
Datos
Capital
País Tonga
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2009) Deshabitada
Superficie 11´6 km²
Densidade
Coordenadas 19°40′S 175°2′W / 19.667°S 175.033°W / -19.667; -175.033
Maior Altura 1.046 m.
Localización
Localización

Kao (antigamente transcrito como Oghao) é unha illa formada por un volcán que se atopa ao oeste do grupo Ha'apai, no reino de Tonga, a 5 km ao nordés de Tofua e a 160 km ao norte de Tongatapu.

A illa ten unha forma cónica simétrica que se eleva desde o mar nun ángulo constante de 35º ata a cima de 1.046 metros de altitude. É o punto máis alto de Tonga. No pequeno cráter hai un lago de auga fresca. A superfície total é de 11,6 km².

Non se teñen rexistros históricos de erupcións, pero se atopa nunha zona de alta actividade volcánica. Foi descuberta en 1774, polo capitán James Cook.