Nariz
| Nariz | |
|---|---|
| Diagrama dun nariz | |
| Perfil dun nariz humano | |
| Latín | 'Nasus' |
O nariz (
pronunciación (axuda · info)) é unha protuberancia que forma parte do sistema respiratorio nos vertebrados. Trátase dun órgano do olfacto, sendo a entrada do tracto respiratorio.
Partes [editar]
O nariz divídese en dous compartimentos separados polo tabique nasal, os cales teñen dous buracos de saída. Polo outra banda, o nariz remata nunhas aberturas que comunican coa farinxe.
Nas paredes laterais das foxas nasais atópanse uns ósos esponxosos que se encargan de quentar e limpar o aire que vai cara aos pulmóns. Debaixo de cada un destes existen uns espazos denominados meatos, que son os que comunican o nariz cos seos paranasais.
A armazón ósea do nariz está constituída por ósos, cartilaxes duras e cartilaxes brandas. Os ósos duros forman a parte superior e os laterais da ponte, as cartilaxes forman os laterais das foxas nasais e o propio tabique nasal.
As paredes nasais están revestidas por mucosas que teñen como función esencial o acondicionamento do aire inhalado. Ademais, a mucosa atrapa o po e os xermes do aire, cando este se introduce polo nariz.
|
|||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||