Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ano.
Diagrama do ano e o
recto.
O ano é a parte terminal do tubo dixestivo en oposición á boca que é o extremo inicial. É unha estrutura aberta que ten como función controlar a expulsión das feces, que son un produto semi-sólido xerado durante a dixestión. A saída de substancias a través do ano está controlada, en moitos animais, polo músculo esfinter. Os anfibios, réptiles e aves usan o mesmo orificio para excretar os residuos sólidos e líquidos, para a cópula e para a posta de ovos, polo que este orificio recibe o nome de cloaca. Os mamíferos placentarios teñen dous orificios separados: un para a defecación (ano) e outro para os ouriños e a reprodución.
[editar] Desenvolvemento evolutivo do ano
O desenvolvemento do ano é un aspecto importante na evolución dos animais multicelulares. De feito, existen dous camiños distintos nos diferentes tipos de animais: nos protóstomos o blastoporo embrionario orixina a boca do adulto, e xeralmente tamén o ano, mentres que nos deuteróstomos a primeira abertura do embrión (blastoporo) convértese no ano.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
|
Sistemas e órganos |
|
TA 2-4:
Músculo-esquelético |
|
|
TA 5-11:
espláncnico/
vísceras |
|
|
|
|
|
|
|
|
Boca ( Glándula salivar, Lingua) · tubo dixestivo superior ( Orofarinxe, Laringofarinxe, Esófago, Estómago) · tubo dixestivo inferior ( Intestino delgado, Apéndice, Colon, Recto, Ano) · accesoria ( Fígado, Árbore biliar, Páncreas)
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| TA 12-16 |
|
|
| Non-TA |
|
|