Dipnoi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peixe pulmonado australiano

Os dipnoi, dipnoicos ou peixes pulmonados son unha subclase de peixes da clase Sarcopterygii, isto é, peixes óseos portadores dunha vexiga natatoria adaptada á función de respiración aérea.

Índice

[editar] Características

Viven exclusivamente en auga doce e teñen un tamaño mediano e unha forma típica, alongada. Teñen narinas internas atípicas (as súas narinas ábrense dentro da cavidade bucal), pulmóns funcionais e sistema circulatorio diferenciado. Por estas características foron considerados no pasado coma ancestrais dos tetrápodos.

Os peixes dipnoicos son especiais polo feito de teren como órgano primario da respiración un pulmón especializado que non posúe bronquios, sendo quen de extraer osíxeno directamente do aire atmosférico. Este é un órgano impar en Neoceratodus e par en Lepidosiren e Protepterus.

[editar] Clasificación

Subclase Dipnoi

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Dipnoi

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas