Rinoplastia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rinoplastia.

Rhinoplastia, (do grego: ῥίς rhis, nariz + πλάσσειν plassein, dar forma), é un procedemento de cirurxía plástica que consiste na corrección ou reconstrución da forma, funcións ou estética dun nariz, resolvendo traumas nasais (contusións ou perforacións), unha enfermidade conxénita, un impedimento respiratorio ou unha rinoplastia anterior.[1]

Dende a década de 1980, as técnicas de rinoplastia evolucionaron moito. A rinoplastia clásica ou pechada segue a ser un procedemento frecuente. Por outro parte, a rinoplastia aberta permite unha exposición e visualización completa do esqueleto nasal. Como inconvenientes, deixa unha mínima cicatriz na columela nasal e ten un maior edema postoperatorio. Esta clase de cirurxía resérvase para algúns casos nos que xa se interviñera o nariz previamente ou en situacións que requiren dunha exposición ampla do esqueleto nasal. Algúns cirurxiáns prefiren esta técnica como primeira opción.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Open Rhinoplasty Definition". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 27 de setembro de 2014.