Lagarto
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa zooloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Lagartos | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | |||||||
|
|||||||
| Familias | |||||||
|
Ver texto |
|||||||
- Se busca outros significados vexa Lagarto (homónimos)
O grupo dos lagartos caracterízase pola presenza de catro patas (o que o distingue da suborde Serpentes), pálpebras nos ollos e oídos externos. As familias Anniellidae e Anguidae corresponden a réptiles sen patas que parecen cobras mais son lagartos tendo en conta a estrutura do esqueleto.
Os lagartos aparecen en todos os continentes, excepto na Antártida. Presentan diversos tamaños, desde algúns centímetros como algúns guecos até 3 metros como o dragón de Komodo. Son xeralmente carnívoros, alimentándose de insectos ou pequenos mamíferos, mais tamén hai lagartos omnívoros ou herbívoros, como as iguanas. O monstro de Xila, nativo do sur dos Estados Unidos, é a única especie que é velenosa. Algúns tipos de lagarto son capaces de rexenerar patas perdidas.
Os lagartos presentes na Galiza son dous:
- Lagarto arnal (Lacerta lepida; tamén chamado lagarto arnau e lagarto ferreño -este último nome no Courel-)
- Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi)
Taxonomía [editar]
- Familia Agamidae
- Familia Chamaeleonidae - camaleón
- Familia Corytophanidae
- Familia Crotaphytidae
- Familia Hoplocercidae
- Familia Iguanidae - iguana
- Familia Leiocephalidae
- Familia Leiosauridae
- Familia Liolaemidae
- Familia Opluridae
- Familia Phrynosomatidae
- Familia Polychrotidae
- Familia Tropiduridae
- Familia Dibamidae
- Familia Gekkonidae - gueco
- Familia Pygopodidae
- Familia Cordylidae
- Familia Gerrhosauridae
- Familia Gymnophthalmidae
- Familia Lacertidae
- Familia Scincidae
- Familia Teiidae
- Familia Xantusiidae
- Familia Anguidae
- Familia Anniellidae
- Familia Xenosauridae
- Familia Helodermatidae - monstro de xila
- Familia Lanthanotidae
- Familia Varanidae - dragón de Komodo