Antebrazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antebrazo
O antebrazo é a parte do membro superior entre o cóbado e o pulso
Latín antebrachium
MeSH Forearm

En anatomía, o antebrazo é a parte da extremidade superior ou membro superior do ser humano situada entre o cóbado e o carpo (ou pulso).

Anatomía[editar | editar a fonte]

O antebrazo está formado polos ósos ulna ou cúbito e radio, unidos por unha membrana interósea. Ademais de se artellar co cóbado, o antebrazo ten dous movementos propios, a pronación e a supinación e, por esa razón, ten músculos específicos para eses movementos, alén de albergar os músculos flexores e extensores dos dedos. O movemento en relación ao cóbado é realizado polo músculo braquiorradial.

En sección transversal, o antebrazo encóntrase dividido en dous compartimentos fasciais: o compartimento posterior contén os extensores das mans, que son comandados polo nervio radial; o compartimento anterior contén os flexores, comandados polo nervio mediano.

As arterias radial e ulnar e as súas ramificacións fornecen o sangue ao antebrazo e normalmente encóntranse na face anterior do radio e da ulna, ao longo de todo o membro.

As principais veas superficiais do antebrazo son a vea cefálica, a antebraquial media e a basílica. Estas veas son moitas veces usadas para a venipuntura, aínda que a fosa cubital sexa o lugar preferido para a extracción de sangue.

Músculos do antebrazo[editar | editar a fonte]

Músculos posteriores superficiais do antebrazo

O antebrazo está formado por 20 músculos, que poden ser organizados en 3 grupos principais, consonte á súa localización:

Imaxes adicionais[editar | editar a fonte]