Abdome

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

[editar] Anatomía animal

  • Nos artrópodos o abdome é a parte do corpo que segue ao tórax e nos máis evoluídos posúe apéndices articulados só no último metámero.
  • Nos crustáceos o abdome é a parte do corpo que segue ao tórax
  • Nos insectos esta rexión do corpo está constituída xeralmente por 11 segmentos semellantes, excepto os terminais.

[editar] Anatomía humana

Nos humanos o abdome, chamado vulgarmente bandullo, é a cavidade entre o tórax e a pelve que comprende a parte inferior do tronco e a maior parte do aparato dixestivo e aparato uro-xenital. A cavidade abdominal recúbrese interiormente por unha membrana chamada peritoneo. Sitúanse polo tanto no abdome o estómago, os intestinos, o fígado, o bazo, o páncreas, os rins e a vexiga. Na muller, o abdome contén, tamén, os órganos reprodutores: Ovarios e útero.

Ferramentas persoais