Clavícula
| Clavícula | ||
|---|---|---|
| Apuntada na seta á dereita | ||
| Clavícula, vista superior | ||
| Gray | tema #49 200 | |
A clavícula é un óso do membro superior. Trátase dun óso plano, dobre e asimétrico. Forma a parte anterior da cintura escapular.
Índice |
[editar] Superficie superior
É unha superficie lisa pola que pasan os nervios supraclaviculares procedentes do plexo cervical. Nos laterais existen unhas tuberosidades que serven de inserción a tres músculos:
- Deltoide: na parte anteroexterna insírese este músculo, que forma parte do grupo de músculos superficiais do ombreiro.
- Trapecio: na parte posteroexterna.
- Esternocleidomastoideo: na parte posterointerna.
[editar] Superficie inferior
Na parte media posúe unha depresión denominada canle do subclavio, que é o punto de inserción do músculo subclavio. A ambos lados da canle insírense: por fóra o ligamento coracoclavicular (constituído por dous feixes: ligamentos conoide e trapezoide); por dentro, o ligamento costoclavicular, que une a clavícula coa primeira costela.
[editar] Bordo anterior
Na parte externa insírese o deltoide e na parte interna o pectoral maior.
[editar] Bordo posterior
Cara a parte externa insírese o trapecio e na interna o esternocleidomastoideo. Pola parte media discorren dous músculos que non se insiren: omohioide e os escalenos.
[editar] Epífise esternal
Artéllase coa cara externa dun menisco interarticular que forma parte da articulación esternocostocondroclavicular. Na parte superior e posterior insírese o esternocleidohioide.
[editar] Epífise acromial
Toda é articular. Adoita ter forma ovalada, para artellarse co acromion, formando a articulación acromioclavicular, a articulación media do ombreiro.
[editar] Galería
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||