Metacarpo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Metacarpo | |
|---|---|
| Os cinco ósos metacarpianos | |
| Latín | ossa metacarpalia |
| Gray's | asunto #55 228 |
O metacarpo é unha formación ósea do membro superior humano, pertencente á man. É un conxunto de cinco ósos que forman o esqueleto da palma da man, un por cada dedo. Os cinco posúen tres porcións, unha base, que é o elemento máis superior; un corpo; e unha cabeza, situada na parte máis inferior do óso.
Índice |
Articulacións co carpo [editar]
Cada metacarpiano artéllase por encima cos ósos do carpo, constituíndo as articulacións carpo-metacarpianas:
- O primeiro metacarpiano artéllase co trapecio
- O segundo metacarpiano artéllase co trapezoide
- O terceiro metacarpiano artéllase co grande
- O cuarto metacarpiano artéllase co grande e co ganchudo
- O quinto óso metacarpiano artéllase co ganchudo
Articulacións coas falanxes [editar]
Cada metacarpiano artéllase cunha falanxe correspondente, formando as articulacións metacarpo-falánxicas:
- O primeiro metacarpiano artéllase coa falanxe proximal do polgar.
- O segundo metacarpiano artéllase coa falanxe proximal do segundo dedo ou dedo índice.
- O terceiro metacarpiano artéllase coa falanxe proximal do terceiro dedo ou dedo medio.
- O cuarto metacarpiano artéllase co cuarto dedo ou dedo anular.
- O quinto metacarpiano artéllase co quinto dedo ou maimiño.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)