Embigo
| Embigo | |
|---|---|
| Embigo humano | |
| Latín | umbilicus |
| Arteria | Arteria umbilical |
O embigo é a cicatriz resultante da caída fisiolóxica (natural) do cordón umbilical, e acostuma manifestarse como unha depresión na pel. A palabra embigo ten a súa orixe no latín umbilīcus, diminutivo de umbo.
O cordón umbilical restante tralo parto acostuma caer entre unha a dúas semanas despois do nacemento, formando asi o embigo no bebé.
Punto de vista médico[editar]
Actualmente, o embigo é utilizado como vía de acceso na realización de laparoscopias e intervencións semellantes, mentres que o cordón umbilical interesa sobre todo como indicador da existencia dalgunha anomalía, xa que, se é curto ou longo de máis, pode ser orixe dalgunhas complicaciónss obstétricas. Por outra banda, despois do parto é conveniente revisar o cordón por dous motivos: por el circulan dúas arterias e unha vea, e se unha das arterias non está presente, ou é moi rudimentaria, pode ser un indicio dalgunha anomalía fetal. En canto á existencia de nódulos na extensión do cordón, poden indicar unha hipoxia fetal. Tales análises tamén son posíbeis por medio da fetoscopia. O cordón umbilical tamén pode ser un repositorio de células sanguíneas con gran potencial de uso en casos de, por exemplo, leucemia.
Curiosidades[editar]
En Vilaoudriz (A Pontenova, Lugo) era costume atar o embigo das meniñas máis longo có dos homes por crer que así aquelas, de maiores e cando estivesen embarazadas, non presentarían hernias.
|
|||||||||||||||||||