Mamila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mamila
Female nipple profile.jpg
Mamila dunha muller, aréola e seo.
Latín papilla mammaria

A mamila (do latín mamilla) ou, popularmente, bico do peito é unha prominencia da mama na que se abren os condutos mamarios (ou galactóforos), por onde sae o leite na muller e nas femias dos mamíferos. No caso dos animais domésticos denomínanse tetos.

Comprende a unión dos condutos mamarios, a abertura para a saída do leite e a aréola, parte máis escura ao redor desta prominencia.

A aparencia das mamilas está relacionada con varios factores como a cor da pel, o tamaño das mamas, a taxa de engraxamento, a exposición ao sol, o estado emocional, a sensación de frío, a idade e a fase de lactancia.

Exploración[editar | editar a fonte]

Unha das formas de descubrir algún síntoma de cancro da mama é facer o autoexame, apalpándose as mamilas. Aperte suavemente a mamila de cada mama, cos dedos polgar e indicador. O aparecemento de secreción abundante ou sanguinolenta deberá ser comunicado inmediatamente a un médico.

Mamila nos machos[editar | editar a fonte]

Desde a concepción e até a 14ª semana de xestación, todos os fetos humanos teñen a mesma aparencia, independentemente do sexo. Despois deste período, os fetos xeneticamente machos comezan a producir hormonas masculinas, como a testosterona. Como a femia é o punto de partida básico, até a 14ª semana, as mamilas xa están formadas.

A partir de entón, as mamilas dos machos non se desenvolven. Aínda así, algúns poden presentar unha condición denominada xinecomastia, na que se forman tecidos de graxa ao redor das mamilas, dándolles un aspecto similar ao peito feminino. Isto pode ocorrer sempre que os niveis de testosterona baixan, sexa pola toma dalgúns medicamentos, sexa por causas naturais, como o envellecemento, obesidade ou puberdade.

Piercings[editar | editar a fonte]

Os médicos alertan o perigo de furar as mamilas para colocar piercing. Trátase dunha área moi sensíbel, podendo causar problemas futuros, principalmente na época da lactancia. O éxito dun piercing na mamila obriga a algúns coidados coa operación: material bio-compatíbel (Ouro, PTFE, titanio e nunca aceiro cirúrxico), nunca limpar con auga e sal como recomendan algúns "piercers" e contar cun tempo de cicatrización nunca inferior a uns 10 ou 12 meses. Dese modo é posíbel ter piercings nas mamilas sen maiores problemas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]