Larinxe
| Larinxe | |
|---|---|
| Anatomía da larinxe, vista anterolateral | |
| Imaxe endoscópica da larinxe |
A larinxe é un tubo músculo-cartilaxinoso da parte superior do aparato respiratorio e órgano esencial na fonación. Forma parte do eixo visceral do pescozo, localizada na liña media, por diante da farinxe, de tal maneira que a parede posterior da larinxe está pegada á parte anterior do esófago. Os aneis cartilaxinosos da larinxe mantéñena sempre aberta, pero a estrutura péchase durante a deglución para evitar broncoaspiracións. Máis concretamente é unha cartilaxe larínxea denominada epiglote a encargada desta acción.
Esténdese dende a segunda ou terceira vértebra cervical ata a sexta, punto no que comeza a traquea. Mantense nesta posición debido a que está unida ó hioide, á lingua, á base do cranio, á farinxe e a que se continúa coa traquea.
Índice |
Relacións da larinxe[editar]
Relacións anteriores:
- músculo cutáneo do pescozo, envolto na fascia superficial do pescozo
- veas xugulares anteriores, unidas entre si por unha anastomose
- músculos infrahioideos: esternohioideo, esternotirohioideo, tirohioideo, omohioideo
- lóbulo piramidal da glándula tiroide. Este lóbulo é inconstante
Relacións laterais:
- paquete vasculo-nervioso do pescozo: arteria carótide común, vea xugular interna e nervio vago
- arteria tiroidea superior
- nervio larínxeo superior
- nervio larínxeo inferior
- lóbulos da glándula tiroide
Relación posterior:
Cartilaxes larínxeas[editar]
Presenta nove cartilaxes, unhas son únicas: tiroide, cricoide e epiglote, e outras dobres: aritenoides, cuneiformes e corniculados. Pode haber outras cartilaxes que, a diferenza destas, son inconstantes: son os tritíceos e os sesamoideos.
Articulacións larínxeas[editar]
Hai dúas articulacións larínxeas móbiles: a articulación cricotiroidea (plana, só permite pequenos desprazamentos) e a articulación cricoaritenoidea (tipo trocoide, permite desprazamento e rotación; é a articulación da tensión das cordas vocais).
A primeira delas establécese entre a cartilaxe cricoide (na confluencia da lámina co anel cricoideo) e as astas menores da cartilaxe tiroide. A segunda, cricoaritenoidea, establécese sobre a superficie superior do anel cricoideo e a base das cartilaxes aritenoideas.
Existe unha terceira articulación larínxea, pero non é móbil. Trátase da articulación ariteno-corniculada, entre as cartilaxes aritenoideas e os corniculados.
Membranas e ligamentos[editar]
- Membrana tirohioidea: une a tiroide ó óso hioide. Os bordos laterais son os ligamentos tiro-hioideos laterais. A membrana está perforada polo ramo interno do nervio larínxeo superior e polos vasos larínxeos superiores.
- Membrana cricotiroidea: une tiroide e cricoide.
- Membrana cricotraqueal: une o cricoide ó primeiro anel traqueal.
- Ligamento glosoepiglótico.
- Ligamento hioepiglótico.
- Ligamentos aritenoepiglóticos.
- Ligamento tiroepiglótico.
- Ligamentos tiroaritenoideos superior e inferior.
- Membrana fibroelástica.
Músculos da larinxe[editar]
- Músculo cricotiroideo ou tensor das cordas vocais.
- Músculo cricoaritenoideo posterior ou dilatador da glote.
- Músculo tiroaritenoideo interno ou vocal.
- Músculo tiroaritenoideo externo.
- Músculo ari-aritenoideo ou interaritenoideo.
- Músculo cricoaritenoideo lateral.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||