Dedo índice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dedo índice
Index finger.jpg
Man humana co dedo índice estendido
Arteria radial artery of index finger
Dorlands/Elsevier 12448665
Un home sinalando unha muller durante unha discusión política

O dedo índice (tamén chamado dedo segundo e popularmente como o furabolos) é o primeiro dedo e o segundo díxito da man humana. Está situado entre o polgar e o dedo medio. Normalmente é o dedo máis hábil e sensíbel da man, aínda que non é o mais longo – é máis curto que o dedo medio, e pode ser máis curo ou máis longo que o dedo anular.

[editar] Usos

O dedo índice verticalmente úsame para representar o número 1, e se se move dun lado para o outro pode significar desaprobación ou negación. Nos deportes, pode tamén representar a vitoria, pois nalgúns campionatos os equipos gañadores levantan o dedo índice querendo dicir "Somos o número un".

[editar] Sinalar co índice

O feito de sinalar co dedo índice algunha persoa consíderase habitualmente como descortés nalgunhas culturas. Unha maneira máis educada de sinalar a alguén faise apuntando coa man na dirección de alguén, como se se estivese sostendo unha bandexa; este xesto vese nalgúns contextos formais como na television, a miúdo acompañado da frase "É un pracer presentarlle o Sr./a Sra. X" ou "E aquí temos a ...".

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas