Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Peroné |
|
|
| Ósos do membro inferior |
|
|
| Extremidade inferior do peroné dereito. |
O peroné ou fíbula[1] é un óso longo da parte externa da perna. Posúe unha epífise proximal, diáfise e epífise distal.
Estrutura e insercións musculares [editar]
- Epífise proximal: posúe unha apófise ósea e unha superficie articular pequena. Presta inserción ó músculo bíceps crural e o ligamento lateral externo do xeonllo na apófise; e ó músculo sóleo e peroneo lateral longo nesa superficie.
- Diáfise: Tres superficies e tres bordos.
- Superficie posterior: Insírese o sóleo no terzo superior, o tibial posterior e os flexores dos dedos comúns e I dedo no terzo medio. No terzo inferior achamos os músculos peroneos laterais longo e curto, que só pasan por aquí, non se insiren
- Superficie interna: Hai febras de inserción do tibial anterior.
- Superficie externa: Insírense os peroneos laterais longo e curto.
- Bordo anterior: Moi afiado, sen insercións importantes.
- Bordo interno: Permite a inserción do ligamento interóseo.
- Bordo externo: Permite a inserción do tabique osteofibrótico externo.
- Epífise distal: O peroné remata no maleolo peroneo, que se artellará co astrágalo. Este maleolo permite a inserción do ligamento lateral externo do nocello.
Articulacións do peroné [editar]
- ↑ Dicionario Ir Indo