Falanxe (ósos)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Falanxe.
As falanxes son os ósos que forman os dedos das mans e pés dos vertebrados.
No ser humano, cada dedo ten tres falanxes, excepto o polgar e o hálux (o "dedo grande do pé"), que teñen só dous. As falanxes teñen nomes diferentes, conforme a súa posición:
- Falanxe proximal, articulan cos metacarpianos ou metatarsianos,
- Falanxe media e
- Falanxe distal, nas extremidades dos dedos.
Nos outros vertebrados, principalmente nos ungulados, o número de falanxes pode estar reducido, ou algunhas falanxes fundidas.