Carpo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente. Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto dos dereitos de autoría. |
En anatomía, o carpo é unha estrutura do membro superior humano, artellada cos ósos do antebrazo, é dicir, radio e cúbito. Está constituído por oito ósos, distribuídos en dúas fileiras, unha máis próxima ao antebrazo ou proximal, e outra máis preto dos dedos ou distal. A estrutura ósea móvese en conxunto, permitindo os diversos movementos do pulso.
Ósos do carpo [editar]
Son oito ósos pequenos que se artellan entre si e co radio, cúbito e os ósos metacarpianos.
- Na ringleira proximal ou próxima ao antebrazo atopamos os seguintes ósos:
- Escafoide, con forma de barco. Posúe unha prominencia na superficie lateral do lado palmar que se dirixe cara a adiante.
- Semilunar, con forma de semilúa.
- Piramidal, con tres superficies.
- Pisiforme, que ten forma de chícharo. Está incluído dentro do tendón do músculo flexor cubital do carpo.
- Na ringleira dital ou próxima ao metacarpo atopamos outros catro ósos:
- Trapecio, que ao igual que o escafoide, presenta unha prominencia na superficie palmar.
- Trapezoide
- Grande
- Ganchudo
Os oito ósos artéllanse entre si, formando pequenas articulacións. En conxunto forman o pulso.