Arteria
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
En anatomía, unha arteria é cada un dos vasos que levan o sangue desde o corazón ás demais partes do corpo. O nome procede do grego artería, "tubo, condución (que enlaza)" ter/tes/tr [que fai] -ia.
As arterias son condutos membranosos, elásticos, con ramificacións diverxentes, encargados de distribuír por todo o organismo o sangue expulsado en cada sístole das cavidades ventriculares.
Cada vaso arterial consta de tres capas concéntricas:
- Externa ou adventicia: de tecido conxuntivo
- Media: composta por fibras musculares lisas e fibras elásticas
- Interna ou íntima: constituída polo endotelio e unha capa conxuntiva subendotelial.
A nutrición destas túnicas ou capas corre a cargo dos vasa vasorum; a súa inervación, dos nervi vasorum (fenómenos vasomotores).
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||
