Nocello
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Nocello | |
|---|---|
| Vista lateral dun nocello humano | |
| Latín | articulatio talocruralis |
| MeSH | Ankle+joint |
Na anatomía humana o nocello é unha articulación bicameral do membro inferior. Permite movementos de flexión-extensión e abdución-adución do pé. Tamén se denomina noelo, nortello e tornecelo.
Superficies articulares da cámara proximal [editar]
O escafoide e calcáneo non son superficies articulares pero neles insírense varios ligamentos do nocello. Trátase dunha articulación troclear.
Superficies articulares da cámara distal [editar]
- Articulación astrágalo-calcanoidea: Entre astrágalo e calcáneo. É unha dobre artrodia morfolóxica e trocoide funcional.
- Articulación calcáneo-astrágalo-escafoidea: Entre astrágalo e escafoide. Engadimos o calcáneo nesta articulación porque emite un cartigo importante para ela. Trátase dunha enartrose.
Ligamentos da articulación [editar]
- Da cámara proximal:
- Ligamento lateral externo: Composto por tres feixes.
- Ligamento peroneo-astragalino anterior
- Ligamento peroneo-astragalino posterior
- Ligamento peroneo-calcáneo
- Ligamento lateral interno: Composto por catro feixes.
- Ligamento deltoideo ou superficial: Contén tres feixes.
- Ligamento tibio-astragalino anterior, posterior e tibio-calcáneo
- Ligamento fondo: Por debaixo dos anteriores.
- Ligamento tibio-astragalino medio
- Ligamento deltoideo ou superficial: Contén tres feixes.
- Ligamento lateral externo: Composto por tres feixes.
- Da cámara distal:
- Articulación astágalo-calcanoidea: Un ligamento intrínseco: ligamento do seo do tarso e dous ligamentos extrínsecos: un posterior e outro interno.
- Articulación calcáneo-astragalino-escafoideo: Ligamento clave e ligamento de reforzo superior.
|
|||||||||||||||||||