Urodelo
Os urodelos (Orde Urodela) ou caudados (Caudata) son anfibios de aspecto lacertiforme que comprenden unhas 500 especies distribuídas fundamentalmente por Europa, Asia e Norteamérica. Os urodelos carecen de escamas e poden rexenerar membros perdidos. En Galiza están representados polas píntegas e pintafontes.
Índice |
Características [editar]
Teñen cola durante todas as fases da súa vida e o corpo adquire unha forma alongada. Nalgúns casos aparecen dous pares de extremidades iguais, pero noutros redúcese, ou incluso desaparece, o par posterior.
A cabeza está deprimida, diferenciada do corpo, que ten un tronco alongado, catro membros de tamaño semellante e cola longa, ás veces aplastada lateralmente. A boca sempre vai provista de pequenos dentes curvados. A diferenza dos anuros, os urodelos non teñen oído medio.
Representantes característicos son a píntega (de cola cilíndrica e co corpo coloreado a franxas negras e amarelas) e os pintafontes .
É xeralmente común un desenvolvemento larvario diferenciado antes da idade adulta, con presenza de branquias externas que logo son substituídas por pulmóns. Algunhas especies non abandonan as branquias, e incluso existen casos como o Ambystoma mexicanum en que a transformación non ocorre dunha forma regular, aparecendo aspectos propios do adulto na fase larvaria, que pode prolongarse de forma irregular.
Considerando a historia da evolución en pasos moi grandes, os urodelos serían unha forma intermedia entre os peixes (pola presenza de branquias e por outros aspectos morfolóxicos propios do Ambystoma mexicanum) e os réptiles. Os vertebrados terrestres (tetrápodos) diferenciáronse a partir de peixes pulmonados emparentados co celacanto ou os dipnoos, e algunhas das primeiras formas están a metade de camiño entre o noso concepto de peixe e o de anfibio.
Hábitat [editar]
Son na maioría acuáticos, aínda que existen especies terrestres. En Galiza hainas ovíparas e ovovivíparas, pero todas teñen fecundación interna.
Poboación en Galiza [editar]
Na nosa terra só temos unha única familia, Salamandridae que comprende quince xéneros con máis de corenta especies. Destas especies cinco habitan en Galiza, repartidas en tres xéneros: Salamandra, Triturus e Chioglossa.
Clasificación [editar]
Taxonomía [editar]
- familia Ambystomatidae Gray, 1850.
- xénero Ambystoma Tschudi, 1838.
- familia Amphiumidae Gray, 1825.
- xénero Amphiuma Garden in Smith, 1821.
- familia Cryptobranchidae Fitzinger, 1826.
- xénero Andrias Tschudi, 1837.
- xénero Cryptobranchus Leuckart, 1821.
- familia Dicamptodontidae Tihen, 1958.
- xénero Dicamptodon Strauch, 1870.
- familia Hynobiidae Cope, 1859.
- xénero Batrachuperus Boulenger, 1878.
- xénero Hynobius Tschudi, 1838.
- xénero Onychodactylus Tschudi, 1838.
- xénero Pachyhynobius Fei, Qu et Wu, 1983.
- xénero Protohynobius Fei et Ye, 2000.
- xénero Ranodon Kessler, 1866.
- xénero Salamandrella Dybowski, 1870.
- familia Plethodontidae Gray, 1850.
- subfamilia Desmognathinae Gray, 1850.
- xénero Desmognathus Baird, 1850.
- xénero Phaeognathus Highton, 1961.
- subfamilia Plethodontinae Gray, 1850.
- xénero Aneides Baird, 1851.
- xénero Batrachoseps Bonaparte, 1839.
- xénero Bolitoglossa Duméril, Bibron et Duméril, 1854.
- xénero Bradytriton Wake et Elias, 1983.
- xénero Chiropterotriton Taylor, 1944.
- xénero Cryptotriton García-París et Wake, 2000.
- xénero Dendrotriton Wake et Elias, 1983.
- xénero Ensatina Gray, 1850.
- xénero Eurycea Rafinesque, 1822.
- xénero Gyrinophilus Cope, 1869.
- xénero Haideotriton Carr, 1939.
- xénero Hemidactylium Tschudi, 1838.
- xénero Hydromantes Gistel, 1848.
- xénero Ixalotriton Wake et Johnson, 1989.
- xénero Karsenia Min, Yang, Bonett, Vieites, Brandon et Wake, 2005.
- xénero Lineatriton Tanner, 1950.
- xénero Nototriton Wake et Elias, 1983.
- xénero Nyctanolis Elias et Wake, 1983.
- xénero Oedipina Keferstein, 1868.
- xénero Parvimolge Taylor, 1944.
- xénero Plethodon Tschudi, 1838.
- xénero Pseudoeurycea Taylor, 1944.
- xénero Pseudotriton Tschudi, 1838.
- xénero Speleomantes Dubois, 1984.
- xénero Stereochilus Cope, 1869.
- xénero Thorius Cope, 1869.
- subfamilia Desmognathinae Gray, 1850.
- familia Proteidae Gray, 1825.
- familia Rhyacotritonidae Tihen, 1958.
- xénero Rhyacotriton Dunn, 1920.
- familia Salamandridae Goldfuss, 1820.
- xénero Chioglossa Bocage, 1864.
- xénero Cynops Tschudi, 1838.
- xénero Echinotriton Nussbaum et Brodie, 1982.
- xénero Euproctus Gené, 1838.
- xénero Lyciasalamandra Veith et Steinfartz, 2004.
- xénero Mertensiella Wolterstorff, 1925.
- xénero Neurergus Cope, 1862.
- xénero Notophthalmus Rafinesque, 1820.
- xénero Pachytriton Boulenger, 1878.
- xénero Paramesotriton Chang, 1935.
- xénero Pleurodeles Michahelles, 1830.
- xénero Salamandra Laurenti, 1768.
- xénero Salamandrina Fitzinger, 1826.
- xénero Taricha Gray, 1850.
- xénero Triturus Rafinesque, 1815.
- xénero Tylototriton Anderson, 1871.
- familia Sirenidae Gray, 1825.
- xénero Pseudobranchus Gray, 1825.
- xénero Siren Linnaeus, 1766.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Caudata Culture (en inglés).