Esófago
| Esófago | |
|---|---|
| Cabeza e pescozo | |
| Órganos da dixestión (o esófago é o nº 1) | |
| Latín | œsophagus |
| Gray's | asunto #245 1144 |
| Arteria | esophageal arteries |
| Vea | esophageal veins |
| Nervio(s) | ganglios celíacos, vago |
| Precursor | Foregut |
| MeSH | oesophagus |
| Dorlands/Elsevier | Esophagus |
O esófago é unha parte do tubo dixestivo que comunica a farinxe co estómago. Nos seres humanos está formada por un tubo muscular duns 20 centímetros que se estende desde a 6ª ou 7ª vértebra cervical ata a 11ª vértebra torácica.
O esófago discorre polo pescozo e polo mediastino posterior (posterior no tórax), ata introducirse no abdome superior, furando o diafragma.
No percorrido esofáxico atopamos distintos sinais producidos polas estruturas veciñas coas que está en íntimo contacto como son:
- A cartilaxe cricoide da larinxe.
- O caxato aórtico da arteria aorta.
- A aurícula esquerda do corazón.
- O hiato diafragmático, que é o orificio do diafragma polo que pasa o esófago.
Índice |
Estrutura do esófago [editar]
O esófago está formado por:
- Mucosa: é un epitelio estratificado (varias capas de células), non queratinizado, que recobre a luz do esófago na súa parte interna. Para facilitar a propulsión do alimento cara ao estómago, o epitelio está recuberto por unha fina capa de mucus, formado polas glándulas cardiais e esofáxicas.
- Capa muscular: está formada á súa vez por unha capa interna de células musculares lisas concéntricas e outra capa externa de células musculares lonxitudinais, que cando se contraen forman ondas peristálticas que conducen o bolo alimenticio ao estómago.
- Esfínter esofáxico superior: separa a farinxe do esófago. Está formado polo músculo cricofarínxeo que o adhire ao cricoide. Este músculo é un músculo estriado, é dicir, voluntario, que inicia a deglución.
- Esfínter esofáxico inferior: que separa o esófago do estómago. Realmente non é un esfínter anatómico, senón fisiolóxico, ao non existir ningunha estrutura de esfínter pero si posuír unha presión elevada cando se mide en repouso. Este esfínter diminúe o seu ton, normalmente elevado, en resposta a varios estímulos como:
- A chegada da onda peristáltica primaria.
- A distensión da luz do esófago cando pasa o bolo alimenticio (peristalse secundaria)
- A distensión gástrica.
A presión elevada en repouso mantense tanto por contribucións de nervios como de músculos, mentres que a súa relaxación ocorre en resposta a factores neuroxénicos.
A súa función exclusivamente motora propulsa o bolo alimenticio a través do tórax no seu tránsito desde a boca ao estómago (non realiza funcións de absorción nin dixestión). Na fase involuntaria da deglución hai elevación do padal brando, obstrución da nasofarinxe e peche da glote.
O paso do bolo á hipofarinxe produce relaxación do esfínter superior e inicio de ondas peristálticas primarias e secundarias no corpo do esófago (estimúlanse receptores mecánicos que activan reflexos específicos para que isto leve a cabo).
O tránsito esofáxico é axudado pola forza de gravidade. Cando o bolo chega ao esfínter esofáxico inferior prodúcese a relaxación deste, polo que permite o seu paso ao estómago para que posteriormente o esfínter recupere o seu ton que evita o refluxo gastroesofáxico.
Vascularización do esófago [editar]
O esófago está irrigado por diferentes arterias segundo a porción que percorre:
- No pescozo está irrigado por arterias esofáxicas superiores, ramas da arteria tiroidea inferior que procede da subclavia.
- No tórax, polas arterias esofáxicas medias, por arterias bronquiais e as intercostais, que son ramas directas da aorta.
- No abdome, polas arterias esofáxicas inferiores procedentes das diafragmáticas inferiores da arteria gástrica posterior.
Síntomas esofáxicos [editar]
- Pirose (Piro significa lume, por iso é polo que pirose sexa unha sensación de dor, ardor ou queimazón).
- Dor esofáxica.
- Disfaxia (de dis, dificultade ou inhabilidade, e faxia, comer, inxerir. Disfaxia é a dificultade para comer.
Enfermidades esofáxicas [editar]
- Achalasia esofáxica.
- Cancro de esófago.
- Esófago de Barrett.
- Varices esofáxicas.
- Enfermidade por refluxo gastroesofáxico.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||