Vexiga urinaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
VEXIGA URINARIA
Urinary system.svg
1. Sistema urinario humano: 2. Ril, 3. Pelve renal, 4. Uréter, 5. Vexiga urinaria, 6. Uretra
7. Glándula suprarrenal

Vasos sanguíneos: 8. Arteria renal e vea renal, 9. vea cava inferior, 10. Aorta abdominal, 11. Arteria ilíaca común e vea ilíaca común
Transparentes: 12. Fígado, 13. Intestino groso, 14. Pelve

Illu bladder.jpg
Vexiga masculina
Latín vesica urinaria
Gray's asunto #28 1227
Arteria Arteria vesical superior
Arteria vesical inferior
Arteria umbilical
Arteria vaxinal
Vea Plexo venoso vesical
Nervio(s) Plexo nervioso vesical
Linfa external iliac lymph nodes, internal iliac lymph nodes
Precursor seo uroxenital
MeSH Bladder
Dorlands/Elsevier Urinary bladder

A vexiga urinaria é un órgano oco músculo-membranoso que forma parte do tracto urinario e que recibe a urina dos uréteres e a expulsa a través da uretra ao exterior do corpo durante a micción. Recibe tamén os nomes vulgares galegos de vincha e mexa.

Interior da vexiga

Orixe embriolóxica[editar | editar a fonte]

A vexiga urinaria está presente en todos os mamíferos. Procede da parte inferior do pedículo do alantoide, obliterándose progresivamente a parte superior deste pedículo para formar o uraco.

Situación[editar | editar a fonte]

A vexiga urinaria está situada na escavación da pelve. Por diante está fixada á pube, por detrás limita co recto, coa parte superior da próstata e as vesículas seminais no home, e coa vaxina na muller. Superiormente está recuberta polo peritoneo parietal que a separa da cavidade abdominal, e por abaixo limita coa próstata no home e coa musculatura perineal na muller.

Forma[editar | editar a fonte]

A vexiga urinaria cando está chea ten unha forma esférica, e cando está baleira aseméllase a un tetraedro con:

  • Vértice anterosuperior no que se fixa o uraco.
  • Vértice anteroinferior que corresponde ao orificio uretral.
  • Vértices superoexternos nos que desembocan os uréteres.

A capacidade fisiolóxica da vexiga urinaria, ata que aparece o desexo de micción, oscila entre os 300 e 350 centímetros cúbicos. E pode aumentar de 2 a 3 litros en caso de retención aguda de ouriños. Esta capacidade redúcese en casos de cistite ata os 50 centímetros cúbicos.

O interior da vexiga visualízase realizando unha cistoscopia, que observa a mucosa vesical, os meatos ureterais e o pescozo vesical (a unión coa uretra). Estes tres puntos delimitan o trígono vesical, que é unha porción fixa e non distensible do órgano.

A parede da vexiga está formada por tres capas:

  • Capa serosa: o peritoneo parietal recobre a vexiga na súa cara superior e parte posterior e laterais cando está chea.
  • Capa muscular: está formada por músculo liso con tres capas:
  1. Capa externa ou superficial: formada por fibras musculares lonxitudinais.
  2. Capa media: formada por fibras musculares circulares.
  3. Capa interna ou fonda: formada tamén por fibras lonxitudinais

As tres capas da parede muscular forman o músculo detrusor que cando se contrae expulsa os ouriños e ten como antagonistas os esfínteres da uretra.

Rexións do interior da vexiga[editar | editar a fonte]

  • Trígono vesical: os uréteres entran na vexiga diagonalmente a través da parede dorsolateral, nun área chamada trígono, que ten forma triangular e ocupa a área correspondente á parede posteroinferior da vexiga. A uretra define o punto inferior do triángulo que debuxa o trígono.
  • Apex vesical: o ligamento medio umbilical conecta co ápex da vexiga.
  • Cúpula vesical: é a parte superior e máis ampla da vexiga, que aumenta considerablemente de volume, como unha esfera, cando está chea de ouriños.
  • Pescozo vesical: está conectado co pube a través do ligamento pubovesical nas mulleres, e polo ligamento puboprostático en homes.

Irrigación e inervación da vexiga[editar | editar a fonte]

  • Arterias: proveñen da arteria ilíaca interna directamente ou das súas ramas como a arteria umbilical na parte superior, a arteria xenitovesical na súa parte media ou da arteria pudenda na súa parte inferior.
  • Veas: drenan nun plexo venoso pélvico que recobre o espazo prevesical na súa superficie posteroinferior e que termina na vea hipogástrica.
  • Vasos linfáticos: a linfa da vexiga drena nos ganglios perivesicais, de alí aos ilíacos externos e aos hipogástricos, que se reúnen nos ganglios do promontorio.
  • Nervios: a inervación da vexiga procede de:
  1. Plexo lumboaórtico ou hipogástrico: que contén febras nerviosas do sistema nervioso simpático.
  2. Plexo presacro: que contén fibras nerviosas do sistema nervioso parasimpático.
Compoñentes do sistema de control da vexiga ilustrado na muller

Mentres que a vexiga está chea de ouriños, o músculo está relaxado. Cando se micciona, o músculo contráese para expulsar os ouriños da vexiga.

Dous músculos do esfínter rodean a uretra, que é un conduto membranoso. Os ouriños saen por este conduto.

Os esfínteres manteñen pechada a uretra apertándoa coma se fosen bandas elásticas. Os músculos do chan da pelve que están debaixo da vexiga tamén axudan a manter pechada a uretra.

Cando a vexiga está chea, os nervios que se atopan nela mandan sinais ao cerebro. É cando se producen as gañas de ouriñar. Nese momento, o cerebro manda un sinal aos esfínteres e aos músculos do chan da pelve para que se relaxen. Isto permite que os ouriños saian a través da uretra. O cerebro tamén manda un sinal á vexiga para que se contraia e expulse o contido.

Compoñentes do sistema de control da vexiga[editar | editar a fonte]

Para un bo control da vexiga, todos os compoñentes do sistema deben actuar en conxunto:

  • Os músculos da pelve deben soster a vexiga e a uretra.
  • Os músculos do esfínter deben abrir e pechar a uretra.
  • Os nervios deben controlar os músculos da vexiga e do chan da pelve.

Enfermidades da vexiga urinaria[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]