Xoán Carlos Montes Bugarín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXoán Carlos Montes Bugarín
Biografía
Nacemento21 de maio de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Mondariz, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Mondariz
2023 –
← Xosé Emilio Barros Bello Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Xoán Carlos Montes Bugarín, coñecido como Calís, nado en Mondariz o 21 de maio de 1975, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 2007 encabezando a candidatura do BNG foi elixido concelleiro de Mondariz, sendo a segunda forza política tralo PPdeG con 3 concelleiros. Volveu encabezala candidatura do BNG nas municipais de 2011 e volveu a sela segunda forza política, pasando de 3 a 5 concelleiros. Membro da corrente interna Máis Galiza, trala saída de dita corrente da fronte nacionalista, en abril de 2012 abandonou o BNG xunto con outros 3 compañeiros do seu grupo municipal[1].

Trala escisión, constitueu a formación local Alternativa por Mondariz, a cal encabezou nas municipais de 2015[2] logrando sela forza máis votada con 4 dos 11 concelleiros, polo que foi elixido alcalde. Estableceu un pacto de goberno coa única concelleira do PSdeG-PSOE Marina Alfaro, o cal rompeu a edil socialista en febreiro de 2017[3]. Nas municipais de 2019 volveu encabezar a candidatura de Alternativa por Mondariz, que foi novamente a forza máis votada con 4 edís, porén perdeu a alcaldía en favor de Xosé Emilio Barros, candidato do BNG, segunda forza máis votada, grazas ao apoio dos dous concelleiros do PPdeG e do único concelleiro do PSdeG-PSOE.[4]

Nas municipais de 2023 encabezou novamente Alternativa por Mondariz, logrando ser novamente a forza máis votada e subindo ata os 5 concelleiros. Desta forma, recuperou a alcaldía ó non chegar a acordo algún os demais grupos, pasando a gobernar en minoría.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Julio Alén Montes
 
Alcalde de Mondariz
 
2015 - 2019
Sucesor:
Xosé Emilio Barros Bello
Predecesor:
Xosé Emilio Barros Bello
 
Alcalde de Mondariz
 
2023 - actualidade
Sucesor:
no cargo