Sabaxáns, Mondariz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sabaxáns
Igrexa de San Mamede de Sabaxáns.
ConcelloMondariz[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°15′42″N 8°25′09″O / 42.261772116334, -8.4192180546819Coordenadas: 42°15′42″N 8°25′09″O / 42.261772116334, -8.4192180546819
Poboación344 hab. (2013)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

San Mamede de Sabaxáns é unha parroquia que se localiza no concello de Mondariz. Segundo o IGE en 2013 tiña 344 habitantes (181 mulleres e 163 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 433 habitantes.

No lugar da Portela, desta parroquia de Sabaxáns, levántase o denominado Carballo do Campo, un carballo excepcional, incluído dentro do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia desde 2011. A árbore ten unha altura de 35,80 m e un diámetro do fuste de 3,75 m (a 1,30 m de altura) [2].

Non resulta posible confirmar que as seguintes cantigas se refiren a este carballo.

  • Ó carballo da Portela/ pónselle a folla vermella: foi que veu por riba dil/ o demo dunha centella [3].
  • O carballo da Portela/ ten a folla revirada/ que lla revirou o vento/ unha mañán de xiada [4].
  • O carballo da Portela/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha mañá de xiada [5].
  • O carballo da Portela/ ten tres carros de madeira,/ un é meu e outro é teu,/ outro é de quen o queira [6].
  • O carballo da Portela/ xa non ten folla ningunha/ porque llas levou o vento/ seica todas, unha a unha [5].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Sabaxáns[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Sabaxáns no concello de Mondariz (Pontevedra)

A Chan de Fornos | O Costal | O Coto | O Cruceiro | Ermelo | A Grela | A Igrexa | A Portela

Parroquias de Mondariz[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Mondariz

Frades (San Martiño) | Gargamala (Santa María) | Lougares (San Fiz) | Meirol (Santo André) | Mondariz (Santa Baia) | Mouriscados (San Cibrán) | Queimadelos (Santa María) | Riofrío (San Miguel) | Sabaxáns (San Mamede) | Toutón (San Mateo) | Vilar (San Mamede) | Vilasobroso (San Martiño)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. Galiciaconfidencial.com
  3. Xaquín Lorenzo Fernández, 116. No orixinal: de íl, de unha.
  4. Fermín Bouza Brey 1929, 162.
  5. 5,0 5,1 Xaquín Lorenzo Fernández, 116.
  6. Bouza Brey 1929, 162. Recollida en Vilagarcía, onde o Nomenclátor non recolle ningún lugar con ese nome.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]