Illa de Baffin

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Illa de Baffin
Illa de Baffin
Foto de satélite.
Foto de satélite.

A Illa de Baffin (inuktitut:ᕿᑭᖅᑖᓗᒃ Qikiqtaaluk) é unha illa ártica de Nunavut, Canadá. É a illa máis grande de Canadá e a quinta do mundo, cunha área de 507.451 km², e 11.000 habitantes(2004). O explorador William Baffin deulle o nome. A cidade principal da illa, e capital de Nunavut, Iqaluit (antes coñecida como Frobisher Bay) localízase na costa sur

Índice

[editar] Historia

Os máis antigos restos de hábitat humano localízanse no suroeste da illa e remóntanse ao 2.400 a.C. En 1576 o explorador inglés Martin Frosbisher é o primeiro europeo en chegar á illa e entre 1615 e 1616 William Baffin explora o sur da illa

[editar] Xeografía

Iqaluit -antes denominada Frobisher Bay-, a capital de Nunavut, está situada na costa sur da illa, na bahía homónima, da cal recibiu o nome. No 2001 tiña 5236 habitantes.

Ao sur está o estreito de Hudson e o Québec, ao continente. Ao leste sitúase o estreito de Davis e a bahía de Baffin e, á outra banda, Groenlandia. Ao oeste e ao norte, a bahía de Foxe, o golfo de Boothia e o estreito de Lancaster separan a illa de Baffin do resto do arquipélago.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais