Serra Morena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serra Madrona, parte de Serra Morena.

Serra Morena é un cordal que constitúe o reborde meridional da Meseta Central da Península Ibérica.

Características[editar | editar a fonte]

A súa aparición producíuse na Era Terciaria, como froito do movemento oroxénico alpino, cando a presión da placa africana afectou o zócolo do macizo Hespérico e os sedimentos depositados nas súas beiras. De xeito que máis que dun pregamento pódese falar dunha combinación de flexión e falla, con presenza de materiais duros e antigos, xunto con outros máis plásticos e novos. De feito máis semella un chanzo que un cordal, pois actúa como chanzo de descenso desde a Meseta até a depresión do río Guadalquivir, que a flanquea polo Sur.

Exténdese uns 400 km polo Norte de Andalucía e en dirección Leste-Oeste, incluíndo en si varias serras: Serra Madrona, a Serra de Aracena, Serra de Hornachuelos, etc.

Presenta unha gran riqueza mineira, explotada desde tempos prehistóricos, ademais do aproveitamento forestal, cinexético e gandeiro. Na actualidade boa parte da súa superficie está protexida pola declaración de varios e estesos Paraxes ou Parques Naturais, como son: Despeñaperros, a Serra de Andújar (Xaén), a Serra de Cardeña-Montoro, o Parque Natural da Serra de Hornachuelos, Serra Norte de Sevilla, e a Sierra de Aracena (Huelva). O seu monte máis alto é a Bañuela, 1.330 msnm, en Serra Madrona.

Identifícase co Saltus Castulonensis dos romanos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Serra Morena