Lobo prehistórico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lobo prehistórico
Dire Wolf.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 EX gl.svg
Prehistórico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
Xénero: Canis
Nome científico
Canis dirus
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O lobo prehistórico (Canis dirus) é un mamífero extinto da familia Canidae que habitou a América do Norte no Plistocénico até hai cerca de 10.000 anos atrás. A pesar de estar relacionado co lobo gris (e por consecuencia co can) e de ser o seu contemporáneo, non se considera antepasado de ningunha destas especies.

O lobo prehistórico era semellante ao lobo cincento en tamaño e aspecto xeral, medindo cerca de 1,5 metros de longo con cerca de 50 kg de peso. É probábel que vivise en mandas unidas por lazos familiares e que cazase en grupo. A principal diferenza entre as especies encóntrase na estrutura do esqueleto, máis masivo e pesado no lobo prehistórico. Esta especie tiña patas proporcionalmente máis curtas, cabeza maior e máis pesada, mais menor capacidade craniana. Os dentes do lobo prehistórico eran tamén maiores e máis fortes que os do lobo cincento, capaces de esmagar ósos. Estas características suxiren que non fose un bo corredor e que se alimentase á base de animais lentos e de gran porte, de presas incapacitadas e carcasas, un pouco como as hienas actualmente, mais tamén como outros pedradores seus contemporáneos, os felinos de dentes de sabre como o Smilodon, que tamén presentaban adaptacións evolutivas para a caza activa de animais de gran porte.

O lobo prehistórico evoluíu probabelmente na América do Sur e xorde no rexistro fósil da América do Norte hai cerca de 100.000 anos. A especie axiña se tornou nun predador importante, mais entrou en declinio hai 16.000 anos atrás, coincidindo coa chegada dos primeiros humanos ao continente americano a través do Estreito de Bering. As causas para a extinción do lobo prehistórico non son coñecidas con toda a clareza, mais suponse que estean relacionadas co impacto do ser humano na megafauna da América do Norte. Á medida que as súas presas tradicionais, como os megaterios, ían desaparecendo, o lobo prehistórico empurrouse para unha dieta esencialmente necrófaga e extinguiuse hai 10.000 atrás. En contraste, o lobo cincento que se alimentaba de animais máis pequenos e veloces que sobreviviron á chegada do home, non sufriu ningún impacto e mantense até aos días de hoxe.

Os primeiros fósiles de lobos prehistóricos foron descubertos por Francis Lick nas marxes do río Ohio en 1854, mais o principal lugar con esqueletos desta especie son os pozos de betume de La Brea, na California, onde se descubriron máis de 3.600 exemplares.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas