Porto Príncipe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 18°32′N 72°20′W / 18.533°N 72.333°W / 18.533; -72.333

Porto Príncipe
Port-au-Prince (en francés)
Delmas 48 Haiti.jpg
Situación xeográfica
Porto Príncipe en Haití
Porto Príncipe
Porto Príncipe
País Flag of Haiti.svg Haití
Departamento Departamento Ouest
Distrito Porto Príncipe
Xeografía
Altitude 98 msnm
Superficie 38,19 km²
Poboación
Poboación 1.082.800 hab. (2007)
Densidade 28.353 hab/km²
Información
Código postal
Alcalde Jean Yves Jason
Páxina web
Vista dunha rúa en Porto Príncipe

Porto Príncipe (no idioma oficial do país, o francés, Port-au-Prince) é a capital de Haití. Conta con arredor de 2.000.000 de habitantes (2007) na área metropolitana. Situada no golfo de La Gonâve, Porto Príncipe exporta principalmente café e azucre, e produce nas súas fábricas alimentos, téxtiles e cemento.

Historia[editar | editar a fonte]

A rexión antes da chegada dos europeos[editar | editar a fonte]

Antes da chegada de Cristovo Colón, a zona que comprende hoxe Porto Príncipe carecía de asentamentos permanentes importantes. A fins do século XV, estaba controlada polo cacique Bohechio, e o territorio só se utilizaba como zona de caza.

Colonización española[editar | editar a fonte]

A presencia dos españois forzou aos amerindios da illa a someterse. Morto Bohechio sen descendencia, foi sucedido pola célebre Anacaona, que foi morta en 1503, polo gobernador Nicolás de Ovando. Pouco despois, Ovando estabeleceu unha pequena aldea ao oeste da lagoa de Saumâtre, que denominou Santa Maria de la Paz Verdadera. A localidade foi incendiada en 1535 polos franceses, e en 1592 polo ingleses. En 1606, os españois decidiron abandonar o asentamento.

Baixo dominio dos filibusteiros[editar | editar a fonte]

Durante máis de 50 anos, a zona estivo practicamente deshabitada. Paulatinamente, bandas de piratas comezaron a utilizar a zona como base das súas operacións, ao tempo que mercadores holandeses apareceron polo lugar para tratar con coiros.

Arredor de 1650, piratas filibusteiros franceses, sen lugar na illa de Tortuga principiaron a visitar a costa e ergueron unha colonia en Trou-Bordé. A medida que a colonia medraba, instalaron un hospital, sobre os altos de Turgeau, o que levou a que a rexión comezase a ser coñecida como Hôpital (é dicir, "hospital" en francés).

A coroa española enviou tropas co obxectivo de volver a controlar a zona, pero a expedición acabou nun desastre. En 1697, pola Paz de Ryswick, España renunciou a reivindicar o territorio de Hôpital. Arredor da mesma época, os franceses, pola súa parte, estabeleceron bases en Ester (na actual Petit-Rivière) e nos Gonaïves. Na primeira residía o gobernador. Un incendio en 1711, obrigou a abandonar Ester, aínda que seguiu a acrecentarse a presenza francesa, que fundaron unha nova localidade: Léogane. A administración colonial francesa encarou o problema filibusteiro, tentando sometelos, e aínda que non cederon Hôpital, acabaron por clausuralo e asentáronse como agricultores.

Fundación de Porto Príncipe[editar | editar a fonte]

A desaparición da poboación pirata fixo o lugar máis apetecíbel para os ingleses. Para protexer a zona, o capitán do navío Le Prince, De Saint-André, fondeou xusto baixo Hôpital e chamou o lugar "Le Port du Prince", o que non mudou de contado o nome do sitio, pero os illotes da baía comezaron moi logo a ser coñecidos como îlots du Prince.

Os ingleses non atacaron o lugar. Varios nobres pediron terras á coroa francesa no Hôpital. Un dos primeiros foi sieur Joseph Randot. Ao tempo a administración francesa convenceuse da necesidade de estabelecer unha capital para controlar mellor a parte francesa da illa de Santo Domingo. Foron descartadas Petit-Goâve e Léogane, a primeira polo seu mal clima, moi propenso ao paludismo, e a segunda polo seu relevo, que facía difícil a defensa. Coidouse polo tanto mellor outro lugar e foi escollido Port-au-Prince.

Port-au-Prince, Porto Príncipe, foi fundado en 1749 por plantadores franceses do azucre, sobre o lugar que fora doado a sieur Randot, e logo estendeuse con bastante rapidez. En 1770 substituíu a Le Cap Français como nova capital colonial. Durante o período da Revolución Francesa foi rebautizado como "Port Républicain" (Porto Republicano). En 1804 pasou a ser a capital do independente Haití, e o emperador haitiano Jacques I, tornoulle o nome de Port-au-Prince. Cando Haití se rompeu, cun reino no norte e unha república no sur, Port-au-Prince foi a capital republicana sob o goberno de Alexandre Pétion.

Terremoto de 2010[editar | editar a fonte]

O 12 de xaneiro de 2010 a cidade sofre un terremoto que causa miles de mortos e feridos, e cuantiosos danos materiais.[Cómpre referencia]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

As principais edificacións son o Palacio Nacional, o Museo Nacional, o Pazo de Xustiza, o Pazo dos Ministerios, Palais das contribucións, a Torre 2004, o Hospital da Universidade do Estado de Haití, O Bispado de Porto Príncipe, a vila Manrese, a Municipalidade, o Banco da República de Haití, a catedral da Santa Trindade (episcopal), a Caserne Dessalines, antigo cuartel xeral do exército, a basílica de Notre-Dame e mais o mercado de ferro.

Os arredores[editar | editar a fonte]

Port-au-Prince é tamén a subprefectura dun distrito homónimo, que comprende oito concellos (communes) : Port-au-Prince, Delmas, Carrefour, Pétionville, Kenscoff, Gressier, Cité Soleil e Tabarre. Son frecuentemente considerados como suburbios ou zonas periféricas da capital.

Personalidades naturais da cidade[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Porto Príncipe