Gran Premio de Suráfrica de 1976

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Sudafricana Gran Premio de Suráfrica de 1976
Detalles da carreira
Carreira 2 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1976.
Trazado do circuíto de Kyalami
Trazado do circuíto de Kyalami
Data 6 de marzo 1976
Nome oficial South African Grand Prix
Localización Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, Suráfrica
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´104 km
Distancia 78 voltas, 320´112 km
ClimaAsollado
Pole position
Piloto James Hunt McLaren-Ford
Tempo 1:16.10[1]
Volta rápida
Piloto Austria Niki Lauda Ferrari
Tempo 1:17.97 na volta 6[2]
Podio
Primeiro Austria Niki Lauda Ferrari
Segundo James Hunt McLaren-Ford
Terceiro Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford

O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de 1976, celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 6 de marzo de 1976. Foi a segunda rolda da tempada de Fórmula Un de 1976. Foi o 22º Gran Premio de Suráfrica desde o primeiro Gran Premio disputado en 1934 e o décimo que se celebrou en Kyalami, nos arredores de Xohanesburgo. Levouse a cabo sobre 78 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia de carreira de 320 quilómetros.

A carreira foi gañada polo piloto austríaco Niki Lauda nun Ferrari 312T. A vitoria foi a terceira vitoria seguida de Lauda. Terminou 1´3 segundos por diante do seu gran rival esa tempada o británico James Hunt no McLaren M23. O compañeiro de equipo de Hunt en McLaren, o alemán federal Jochen Mass terminou terceiro.

Hunt logrou a pole position por segunda vez en dúas carreiras, con Lauda xusto a seu carón. Lauda liderou na primeira curva, con Hunt cuarto detrás de Mass e do piloto italiano Vittorio Brambilla no seu March 761. Hunt adiantou a Mass, e pasou a Brambilla para poñerse segundo logo de cinco voltas. Lauda liderou de principio a fin para gañar. Detrás de Hunt e Mass, o piloto de Suráfrica Jody Scheckter foi cuarto no seu Tyrrell 007. A unha volta, no quinto posto quedou o piloto británico John Watson co Penske PC3 e Mario Andretti sexto co Parnelli VPJ4B.

Con dúas vitorias na tempada 1976 Lauda sacaba doce puntos de vantaxe no campionato sobre Hunt e o Tyrrell de Patrick Depailler. Así mesmo Ferrari sacaba nove puntos de vantaxe sobre Tyrrell e once puntos de vantaxe sobre McLaren.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Austria Niki Lauda Ferrari 78 1:42:18.4 2 9
2 11 James Hunt McLaren-Ford 78 + 1.3 1 6
3 12 Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford 78 + 45.9 4 4
4 3 Unión Sudafricana Jody Scheckter Tyrrell-Ford 78 + 1:08.4 12 3
5 28 John Watson Penske-Ford 77 + 1 volta 3 2
6 27 Mario Andretti Parnelli-Ford 77 + 1 volta 13 1
7 16 Tom Pryce Shadow-Ford 77 + 1 volta 7
8 9 Italia Vittorio Brambilla March-Ford 77 + 1 volta 5
9 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 77 + 1 volta 6
10 5 Bob Evans Lotus-Ford 77 + 1 volta 23
11 18 Brett Lunger Surtees-Ford 77 +1 volta 20
12 34 Alemaña Hans-Joachim Stuck March-Ford 76 + 2 voltas 17
13 21 Francia Michel Leclère Wolf-Williams-Ford 76 + 2 voltas 22
14 22 Chris Amon Ensign-Ford 76 + 2 voltas 18
15 24 Austria Harald Ertl Hesketh-Ford 74 + 4 voltas 24
16 20 Bélxica Jacky Ickx Wolf-Williams-Ford 73 + 5 voltas 19
17 30 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 70 Motor 21
Ret 2 Suíza Clay Regazzoni Ferrari 52 Motor 9
Ret 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 49 Motor 8
Ret 17 Francia Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 28 Radiador 15
Ret 8 Carlos Pace Brabham-Alfa Romeo 22 Presión aceite 14
Ret 6 Gunnar Nilsson Lotus-Ford 18 Embrague 25
Ret 7 Carlos Reutemann Brabham-Alfa Romeo 16 Presión aceite 11
Ret 10 Ronnie Peterson March-Ford 15 Accidente 13
Ret 15 Unión Sudafricana Ian Scheckter Tyrrell-Ford 0 Accidente 16

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio do Brasil de 1976
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1976
Carreira seguinte:
Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1976
Carreira anterior:
Gran Premio de Suráfrica de 1975
Gran Premio de Suráfrica Carreira seguinte:
Gran Premio de Suráfrica de 1977

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lang, Mike (1983). Grand Prix! Vol 3. Haynes Publishing Group. p. 112. ISBN 0-85429-380-9. 
  2. Lang, Mike (1983). Grand Prix! Vol 3. Haynes Publishing Group. p. 114. ISBN 0-85429-380-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-16.