Gran Premio de Mónaco de 1980
| Detalles da carreira | ||
|---|---|---|
| Carreira 6 de 14 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1980. | ||
Trazado do circuíto de Mónaco. |
||
| Data | 18 de maio de 1980 | |
| Nome oficial | XXXVIII Gran Premio de Mónaco | |
| Localización | Circuíto de Mónaco Monte Carlo, Principado de Mónaco |
|
| Percorrido | Circuíto urbano 3´34 km |
|
| Distancia | 76 voltas, 253´84 km | |
| Clima | Mollado | |
| Pole position | ||
| Piloto | Ligier-Ford | |
| Tempo | 1:24.813 | |
| Volta rápida | ||
| Piloto | Williams-Ford | |
| Tempo | 1:27.418 na volta 40 | |
| Podio | ||
| Primeiro | Williams-Ford | |
| Segundo | Ligier-Ford | |
| Terceiro | Brabham-Ford | |
O Gran Premio de Mónaco de 1980 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 18 de maio de 1980 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1980.
Índice |
Informe [editar]
A carreira foi o 38ª Gran Premio de Mónaco. A carreira levouse a cabo durante 76 voltas ao circuíto de 3´34 quilómetros de lonxitude cunha distancia total de carreira de 254 quilómetros.
O Gran Premio foi gañado por Carlos Reutemann pilotando un Williams FW07B. A vitoria foi a décima de Reutermann na Fórmula Un e a primeira desde o Gran Premio de Estados Unidos de 1978. Tamén converteuse no quinto gañador nas seis carreiras da tempada 1980. Reutemann gañou por 1 minuto e 13 segundos ao piloto francés Jacques Laffite que pilotaba un Ligier JS11/15. Terceiro foi o piloto brasileiro Nelson Piquet pilotando un Brabham BT49. O terceiro posto de Piquet levouno a superar a René Arnoux e Alan Jones no liderado do campionato do mundo por primeira vez.
A carreira, é lembrada por un espectacular accidente no inicio da carreira, cando Derek Daly chocou co Alfa Romeo 179 de Bruno Giacomelli, que mandou a Daly voando co seu Tyrrell 010 sobre Giacomelli e aterrando entre o seu compañeiro de equipo Jean-Pierre Jarier e o McLaren M29 de Alain Prost. Ningún dos catro pilotos sufriu ningunha lesión seria. Jan Lammers tamén sufriu danos no seu ATS D4, pero puido continuar. O accidente foi particularmente decepcionante para McLaren ao perdr o seu único coche en pista, xa que John Watson non puido clasificarse.
O piloto de Alemaña Occidental Jochen Mass pilotando un Arrows A3 foi cuarto, cunha volta menos que Reutemann por diante do canadense Gilles Villeneuve no Ferrari 312T5. Unha volta por detras e en sexto lugar quedou o dobre campión do mundo Emerson Fittipaldi nun Fittipaldi F7. Para Mass e Fittipaldi serían os últimos puntos que lograrian no campionato do mundo.
A vitoria de Reutemann puxo a Williams á cabeza do campionato de construtores, cinco puntos por encima de Ligier.
Clasificación [editar]
Posicións logo da carreira [editar]
|
|
- Notas: Só están incluidos os cinco primeiros postos da clasificación.
| Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1980 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1980 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1980 |
| Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1979 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1981 |
Notas [editar]
- Lideres de volta: