Gran Premio de Mónaco de 1975

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Premio de Mónaco de 1975
Detalles da carreira
Carreira 5 de 14 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Data 11 de maio de 1975
Nome oficial XXXIII Gran Premio de Mónaco
Localización Circuíto de Mónaco
Monte Carlo, Principado de Mónaco
Percorrido Circuíto urbano
3´278 km
Distancia 78 voltas, 255´684 km
ClimaChoiva, posteriormente seco
Pole position
Piloto Austria Niki Lauda Ferrari
Tempo 1:26,4
Volta rápida
Piloto Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford
Tempo 1:28.67 na volta 68
Podio
Primeiro Austria Niki Lauda Ferrari
Segundo Emerson Fittipaldi McLaren-Ford
Terceiro Carlos Pace Brabham-Ford

O Gran Premio de Mónaco de 1975 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 11 de maio de 1975 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a quinta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1975. Foi o 33º Gran Premio de Mónaco, xa que a primeira carreira celebrouse por primeira vez en 1929. levouse a cabo en 75 das 78 voltas programadas ao circuíto, cunha distancia de carreira de 245 quilómetros.

A carreira foi gañada polo piloto austríaco Niki Lauda dando ó novo Ferrari 312T a súa primeira vitoria. A vitoria rompeu unha seca de vitorias de 20 anos de Ferrari no Circuíto de Mónaco. Lauda dominou a carreira, só perdeu o liderado durante unha parada en boxes. Gañou por dous segundos sobre o McLaren M23 de Emerson Fittipaldi. Carlos Pace terminou terceiro no seu Brabham BT44B.

Resumo[editar | editar a fonte]

O futuro dos Grandes Premios estaba baixo sospeita logo do desastroso gran premio español celebrado tres semanas antes. As medidas foron tomadas rapidamente: foron erixidos gardaraís adicionais e vallas protectoras, foron modificados os bordos e as chicanes. Introducíronse novas medidas: a grella escalonouse e, ademais, limitouse a só 18 coches. Este último cambio afectou a oportunidade de Graham Hill para cualificar: o cinco veces gañador de Mónaco, tivo todo tipo de problemas na práctica e non puido clasificarse por 0´377 segundos. John Watson e Clay Regazzoni chocaron na práctica, mentres que o equipo Surtees recibiu a orde de eliminar os adhesivos a favor dunha política pro-Europea dos seus coches.

Niki Lauda, nun Ferrari, conseguiu a pole position, compartiu a primeira fila con Tom Pryce, que pilotaba un Shadow, e que tan só 12 meses antes fora considerado "demasiado inexperto" para competir. Jean-Pierre Jarier e Ronnie Peterson ocuparon a segunda fila.

A carreira iniciouse baixo condicións de choiva, polo que todos montaron pneumáticos de choiva. Lauda foi o máis rápido na saída, mentres que Pryce tivo un comezo lento, e foi adiantado por Jarier, o francés pronto intentou pasar a Lauda nunha manobra de adiantamento imprudente, e golpeouse contra as barreiras en Mirabeau, o seu coche resultou danado na colisión o que lle levou a golpear de novo o muro na chicane e logo retirarse. Peterson quedou no segundo lugar, con Vittorio Brambilla terceiro, ata que Pryce golpeou a roda do italiano. Regazzoni detívose a cambiar unha roda e o morro do seu coche, e James Hunt detívose para cambiar aos pneumáticos lisos, anticipándose ao secado da superficie da pista. Con todo, o lento traballo do seu equipo de boxes custoulle unha cantidade considerable de tempo.

As posibilidades de vitoria de Ronnie Peterson foron danadas na súa parada en boxes, cando unha porca da roda perdeuse baixo o coche. Tom Pryce entrou a substituír o morro roto, e nese momento Niki Lauda aventaxaba en 15 segundos a Emerson Fittipaldi e Carlos Pace. Moitos accidentes ocorreron durante a carreira: Jochen Mass e James Hunt chocaron en Mirabeau, e Patrick Depailler viuse envolto no accidente; Clay Regazzoni golpeou a chicane e sufriu danos; John Watson trompeou e detívose o motor do seu coche; Pryce bateu cas barreiras e tivo que retirarse; Mario Andretti entrou nos boxes co seu coche en chamas, Mark Donohue golpeou á barreira, mentres que Alan Jones rompeu unha roda.

Nas últimas voltas o coche de Lauda foi perdendo presión de aceite e Fittipaldi foi gañando terreo. A tres voltas do final a diferenza era de 2´75 segundos, con todo, chegouse ao límite de dúas horas de tempo e a carreira detívose, con Lauda gañador. Ferrari gañou o seu primeiro Gran Premio de Mónaco en 20 anos, a traxedia do Gran Premio español desvaneceuse e as carreiras do campionato seguiron. A segunda posición de Fittipaldi reforzou a vantaxe do líder desde principio de tempada sobre Carlos Pace.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 12 Austria Niki Lauda Ferrari 75 2:01:21.31 1 9
2 1 Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 75 + 2.78 9 6
3 8 Carlos Pace Brabham-Ford 75 + 17.81 8 4
4 5 Ronnie Peterson Lotus-Ford 75 + 38.45 4 3
5 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 75 + 40.86 12 2
6 2 Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford 75 + 42.07 15 1
7 3 Jody Scheckter Tyrrell-Ford 74 + 1 volta 7
8 6 Bélxica Jacky Ickx Lotus-Ford 74 + 1 volta 14
9 7 Carlos Reutemann Brabham-Ford 73 + 2 voltas 10
Ret 28 Mark Donohue Penske-Ford 66 Accidente 16
Ret 24 James Hunt Hesketh-Ford 63 Accidente 11
Ret 26 Australia Alan Jones Hesketh-Ford 61 Roda 18
Ret 9 Italia Vittorio Brambilla March-Ford 48 Accidente 5
Ret 16 Tom Pryce Shadow-Ford 39 Accidente 2
Ret 11 Suíza Clay Regazzoni Ferrari 36 Accidente 17
Ret 18 John Watson Surtees-Ford 36 Trompo 6
Ret 27 Mario Andretti Parnelli-Ford 9 Fuga de aceite 13
Ret 17 Francia Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 0 Accidente 3
NSC 21 Francia Jacques Laffite Williams-Ford
NSC 20 Italia Arturo Merzario Williams-Ford
NSC 23 Graham Hill Hill-Ford
NSC 14 Bob Evans BRM
NSC 31 Países Baixos Roelof Wunderink Ensign-Ford
NSC 25 Torsten Palm Hesketh-Ford
NSC 10 Italia Lella Lombardi March-Ford
NSC 30 Wilson Fittipaldi Fittipaldi-Ford

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de España de 1975
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1975
Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 1975
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1974
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1976

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]