Gran Premio de España de 1975
| Detalles da carreira | ||
|---|---|---|
| Carreira 4 de 14 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975. | ||
Trazado do circuíto de Montjuïc. |
||
| Data | 27 de abril de 1975 | |
| Nome oficial | XXI Gran Premio de España | |
| Localización | Circuíto de Montjuïc, Barcelona, España | |
| Percorrido | Circuíto urbano 3´790 km |
|
| Distancia | 29 voltas, 109´91 km | |
| Clima | Sol | |
| Pole position | ||
| Piloto | Ferrari | |
| Tempo | 1:23.4 | |
| Volta rápida | ||
| Piloto | Parnelli-Ford | |
| Tempo | 1:25.1 na volta 14 | |
| Podio | ||
| Primeiro | McLaren-Ford | |
| Segundo | Lotus-Ford | |
| Terceiro | Brabham-Ford | |
O Gran Premio de España de 1975 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada no circuíto de Montjuïc o 27 de abril de 1975, lembrado como un dos máis polémicos e tráxicos na historia do deporte, logo da a morte de cinco espectadores que foron afectados polo accidente do Hill GH1 de Rolf Stommelen. Tamén foi a carreira na que Lella Lombardi converteuse na primeira e única muller en anotar puntos para o Campionato do Mundo.
Foi o 21º Gran Premio de España, xa que a carreira celebrouse por primeira vez en 1913. Foi o cuarto e último Gran Premio que se celebrou no circuíto urbano de Montjuïc. A carreira foi acurtada a 29 das súas 75 voltas programadas, unha distancia da carreira de 109 quilómetros. A carreira foi gañada polo piloto alemán Jochen Mass que pilotaba un McLaren M23. Sería a única vitoria na fórmula un da súa carreira. Mass tiña só un segundos de vantaxe sobre o Lotus 72E do piloto belga Jacky Ickx cando a carreira foi suspendida. O piloto arxentino Carlos Reutemann foi declarado terceiro no seu Brabham BT44B, unha volta detrás dos líderes da carreira logo dunha sanción a Jean-Pierre Jarier.
Índice |
Resumo [editar]
Desde o principio, os pilotos membros da Asociación de Pilotos de Grandes Premios estaban furiosos porque as barreiras non estaban unidas entre si correctamente. Deste xeito, declaráronse en folga. A maioría dos pilotos máis importantes deste deporte negaronse a tomar parte nos adestramentos. Jacky Ickx non era membro da GPDA, e foi un dos poucos pilotos que fixeron as prácticas.
O persoal de pista traballou durante a noite para arranxar as barreiras, e para asegurarse de que todo ía estar listo a tempo para a cualificación do sábado, algúns equipos enviaron mecánicos para axudar. Os pilotos, con todo, aínda non estaban convencidos, pero os organizadores da carreira ameazaron con accións legais se non a participaban na carreira. Isto, e os rumores de que a Garda Civil apoderaríase dos coches que estaban no paddock, que estaba no Estadio de Montjuïc, obrigou aos pilotos a levantar a folga.
O Campión do Mundo Emerson Fittipaldi, con todo, aínda estaba furioso. Fíxoo o mínimo de tres voltas, pero a un ritmo moi lento, e logo detivose nos boxes. Á mañá seguinte, Fittipaldi, anunciou que non competiría, e volveu á súa casa. Tamén durante a mañá do día da carreira, Ken Tyrrell saíu ao circuíto ca sua chave de porcas para asegurarse de que os obstáculos estaban da maneira correcta.
Os dous Ferrari o de Niki Lauda ('pole') e Clay Regazzoni clasificaronse na primeira fila, pero a ledicia non duraría moito tempo. Na saida, o March de Vittorio Brambilla enganchouse co Parnelli de Mario Andretti. O coche de Andretti golpeou a parte traseira do de Lauda, e este bateu contra Regazzoni. Lauda quedou fora de inmediato, mentres que Regazzoni levou o seu coche ao garaxe, onde fixeron as reparacións, e Regazzoni voltou á carreira. Patrick Depailler tamén retirouse na primeira volta, debido a danos na suspensión, e Wilson Fittipaldi e Arturo Merzario retiráronse en sinal de protesta.
Logo da tolemia da primeira curva, James Hunt quedou como líder. Sorprendentemente, Andretti logrou seguir adiante, e puxose segundo. John Watson estaba en terceiro lugar, Rolf Stommelen cuarto, quinto Brambilla, e Carlos Pace sexto.
Na cuarta volta, o motor do Tyrrell de Jody Scheckter reventou, e provocou unha vertedura de aceite no circuíto que provocou que Alan Jones e Marcos Donohue estrelásense. Tres voltas máis tarde, Hunt tamén patinou no aceite e estrelouse. Os tres primeiros eran Andretti, Watson, e Stommelen. O coche de Watson sufria vibracións e retirouse. A suspensión traseira de Andretti durou só sete voltas máis antes de que fallase, o que lle causou un accidente indo lider. Jean-Pierre Jarier e Brambilla detíveronse a cambiar pneumáticos, mentres que Tom Pryce e Tony Brise engancharonse. Stommelen atopouse no primeiro posto, seguido por Pace, Ronnie Peterson, Jochen Mass, e Ickx. Na volta 24, Peterson abandonou despois de engancharse con François Migault ao tratar dde dobrar ao francés.
Dúas voltas máis tarde, chegou a traxedia. O alerón traseiro do Embassy Hill de Stommelen rompeu, chocando contra a barreira, ironicamente, no punto no que os seus propios mecánicos traballaran. Rebotou nela e de novo volveu á pista, voando sobre ela. Ao tratar de evitar a Stommelen ao cruzar a pista, Pace estrelouse. Cinco espectadores morreron a causa do coche voador de Stommelen o piloto sufriu unha fractura na perna, unha boneca e dúas costelas rotas.
A carreira continuou por outras catro voltas, durante a cal Mass pasou a Ickx. Na volta 29, a carreira detívose con Mass gañador, segundo Ickx, e Jean-Pierre Jarier cruzou a meta en terceira posición. Carlos Reutemann terminou cuarto por diante de Brambilla e Lella Lombardi sexto. Ca carreira cancelada antes de que chegara a metade da distancia, só outorgaronse a metade dos puntos. Logo da carreira os comisarios atoparon que Jarier adiantara nunha porción da pista con bandeira amarela. Jarier recibiu unha penalización de sesenta segundos o que relegouno á cuarta posición.[1]
Clasificación [editar]
| Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 2 | McLaren-Ford | 29 | 42:53.7 | 11 | 4´5 | |
| 2 | 6 | Lotus-Ford | 29 | + 1.1 | 16 | 3 | |
| 3 | 7 | Brabham-Ford | 28 | + 1 volta | 15 | 2 | |
| 4 | 17 | Shadow-Ford | 28 | + 1 volta | 10 | 1´5 | |
| 5 | 9 | March-Ford | 28 | + 1 volta | 5 | 1 | |
| 6 | 10 | March-Ford | 27 | + 2 voltas | 24 | 0´5 | |
| 7 | 21 | Williams-Ford | 27 | + 2 voltas | 18 | ||
| 8 | 18 | Surtees-Ford | 26 | + 3 voltas | 6 | ||
| NC | 11 | Ferrari | 25 | Non clasificado | 2 | ||
| Ret | 22 | Hill-Ford | 25 | Accidente | 9 | ||
| Ret | 8 | Brabham-Ford | 25 | Accidente | 14 | ||
| Ret | 16 | Shadow-Ford | 23 | Accidente | 8 | ||
| Ret | 5 | Lotus-Ford | 23 | Suspensión | 12 | ||
| Ret | 31 | Ensign-Ford | 20 | Transmisión | 19 | ||
| NC | 23 | Hill-Ford | 18 | Non clasificado | 22 | ||
| Ret | 27 | Parnelli-Ford | 16 | Suspensión | 4 | ||
| Ret | 14 | BRM | 7 | Sistema combustible | 23 | ||
| Ret | 24 | Hesketh-Ford | 6 | Accidente | 3 | ||
| Ret | 3 | Tyrrell-Ford | 3 | Motor | 13 | ||
| Ret | 28 | Penske-Ford | 3 | Accidente | 17 | ||
| Ret | 25 | Hesketh-Ford | 3 | Accidente | 20 | ||
| Ret | 4 | Tyrrell-Ford | 1 | Accidente | 7 | ||
| Ret | 30 | Fittipaldi-Ford | 1 | Retirouse | 21 | ||
| Ret | 20 | Williams-Ford | 1 | Retirouse | 25 | ||
| Ret | 12 | Ferrari | 0 | Accidente | 1 | ||
| NTS | 1 | McLaren-Ford | 0 | Non arrancou | 26 |
Posicións logo da carreira [editar]
|
|
- Notas: Só están incluidos os cinco primeiros postos da clasificación.
| Carreira anterior: Gran Premio de Sudáfrica de 1975 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1975 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1975 |
| Carreira anterior: Gran Premio de España de 1974 |
Gran Premio de España | Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1976 |
Notas [editar]
- ↑ "Grand Prix Results: Spanish GP, 1975". grandprix.com. Arquivado do orixinal o 23 June 2011. http://www.grandprix.com/gpe/rr254.html. Consultado o 2011-08-07.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- "The Official Formula 1 website". Arquivado do orixinal o 17 October 2007. http://www.formula1.com/results/season/1975/461/. Consultado o 2007-10-04.