Gran Premio do Canadá de 1977

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gran Premio de Canadá de 1977»)
Gran Premio do Canadá de 1977
Detalles da carreira
Carreira 16 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1977.
Trazado do circuíto Mosport.
Trazado do circuíto Mosport.
Data 9 de 0utubro de 1977
Nome oficial XVI Gran Premio do Canadá
Localización Circuíto de Mosport Park, Ontario, Canadá
Percorrido Circuíto permanente
3´957 km
Distancia 80 voltas, 316´56 km
ClimaSeco, asollado
Pole position
Piloto Mario Andretti Lotus-Ford
Tempo 1:11.385
Volta rápida
Piloto Mario Andretti Lotus-Ford
Tempo 1:13.299 na volta 56
Podio
Primeiro Unión Sudafricana Jody Scheckter Wolf-Ford
Segundo Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford
Terceiro Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford

O Gran Premio do Canadá de 1977 foi unha carreira de Fórmula 1, celebrada no Circuíto de Mosport Park, Bowmanville, Ontario, Canadá o 9 de outubro de 1977. A carreira, foi a 16ª carreira da tempada de 1977.

Informe[editar | editar a fonte]

O carreira chegou ao Canadá sen Niki Lauda, quen, logo de asegurar o campionato de pilotos na anterior carreira en Watkins Glen, anunciou a súa intención de pilotar para Brabham en 1978, e renunciou abruptamente a Ferrari logo da decisión do equipo de correr cun terceiro coche para Gilles Villeneuve.

Na cualificación, o Lotus de Mario Andretti logrou a súa sexta pole da tempada, co McLaren de James Hunt ao seu lado na primeira fila. Ronnie Peterson, foi terceiro no seu Tyrrell de seis rodas, por diante de Gunnar Nilsson no segundo Lotus. O top ten completouse con Jochen Mass no segundo McLaren, Patrick Depailler no segundo Tyrrell, os Shadows de Alan Jones e Riccardo Patrese, Jody Scheckter no Wolf e John Watson no Brabham. Pero a seguridade na pista chea de fochancas de Mosport Park estaba cuestionada: durante a práctica o Hesketh de Ian Ashley saíu despedido nunha destas fochancas, saltou a barreira e estrelouse contra unha torre de televisión, ferindo gravemente a Ashley e poñendo fin á súa carreira na Fórmula Un. O inglés sobreviviu, pero tardaron 40 minutos en sacalo do coche e pasaron outros 30 minutos ata que chegou un helicóptero. Estes problemas foron subliñados máis tarde ese mesmo día, cando Mass estrelouse na primeira curva cunha barreira que arrasou ao bater nela.[1]

Ao comezo da carreira, Andretti afastouse de Hunt, con Mass terceiro. Andretti e Hunt procederon entón a afastarse do resto do grupo acabando por alcanzar a Mass, terceiro nese momento. Cando intentaban dobrar a Mass, Hunt adiantou a Andretti, pero chocou co seu compañeiro de equipo en McLaren logo dun malentendido. Non puido continuar, e un Hunt visiblemente furioso axitou o seu puño a Mass, antes de golpear a un comisario que estaba tratando de sacalo de alí. Posteriormente, foi multado con 2.750 dólares.[2] Gilles Villeneuve fixo o seu debut con Ferrari nesta carreira, pero abandonou logo dun accidente.[3]

Non houbo tensión nas últimas catro voltas. Na volta 77, Patrese trompeou co seu Shadow e bateu contra o Hesketh de Rupert Keegan, que se estrelara a principios da carreira e estaba ao carón da pista. Na seguinte volta, o motor de Andretti rebentou e derramou aceite. Vittorio Brambilla esvarou neste aceite e trompeou co seu Surtees igual que Danny Ongais no seu Interscope Penske na mesma mancha de aceite, pero este foi capaz de continuar.[4]

A retirada de Andretti deulle a Scheckter a vitoria, con Depailler segundo e Mass completando o podio. Jones foi cuarto por diante de Patrick Tambay no Ensign, mentres Brambilla clasificouse sexto, xusto por diante de Ongais.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 20 Unión Sudafricana Jody Scheckter Wolf-Ford 80 1:40:00.00 9 9
2 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 80 + 6.77 6 6
3 2 Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford 80 + 15.76 5 4
4 17 Australia Alan Jones Shadow-Ford 80 + 46.69 7 3
5 23 Francia Patrick Tambay Ensign-Ford 80 + 1:03.26 16 2
6 19 Italia Vittorio Brambilla Surtees-Ford 78 Accidente 15 1
7 14 Danny Ongais Penske-Ford 78 +2 voltas 22
8 9 Alex Ribeiro March-Ford 78 +2 voltas 23
9 5 Mario Andretti Lotus-Ford 77 Motor 1
10 16 Italia Riccardo Patrese Shadow-Ford 76 Trompo 8
11 30 Brett Lunger McLaren-Ford 76 Motor 20
12 21 Gilles Villeneuve Ferrari 76 Transmisión 17
Ret 1 James Hunt McLaren-Ford 61 Accidente 2
Ret 27 Bélxica Patrick Nève March-Ford 56 Motor 21
Ret 3 Ronnie Peterson Tyrrell-Ford 34 Fuga combustible 3
Ret 24 Rupert Keegan Hesketh-Ford 32 Accidente 25
Ret 18 Austria Hans Binder Surtees-Ford 31 Accidente 24
Ret 10 Unión Sudafricana Ian Scheckter March-Ford 29 Motor 18
Ret 28 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 29 Motor 19
Ret 12 Carlos Reutemann Ferrari 20 Sistema combustible 12
Ret 8 Alemaña Hans Joachim Stuck Brabham-Alfa Romeo 19 Motor 13
Ret 6 Gunnar Nilsson Lotus-Ford 17 Accidente 4
Ret 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 12 Transmisión 11
Ret 7 John Watson Brabham-Alfa Romeo 1 Suspensión 10
Ret 22 Suíza Clay Regazzoni Ensign-Ford 0 Accidente 14
NTS 25 Ian Ashley Hesketh-Ford Piloto ferido
NSC 15 Francia Jean-Pierre Jabouille Renault

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 8 mellores resultados das primeiras 9 roldas e os 7 mellores resultados das últimas 8 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.


Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1977
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1977
Carreira seguinte:
Gran Premio do Xapón de 1977
Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 1976
Gran Premio do Canadá Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 1978

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "1977 - Canadian Grand Prix". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2013. Consultado o 2013-07-10. 
  2. "Controversial collisions". Top 10 – ESPNF1.com. Consultado o 23 June 2012. 
  3. "1977 - Canadian Grand Prix". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2013. Consultado o 2013-07-10. 
  4. "Danny Ongais - Biography". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 2013-06-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]