Sufismo
O sufismo ou taṣawwuf (árabe, تصوّف) é definido polo seus seguidores como a dimensión mística e interior do Islam.[1][2][3] Un practicante desta tradición acostuma chamarse ṣūfī (صُوفِيّ) ou derviche.
Historia e características [editar]
Os estudos clásicos sufís definiron o sufismo como "unha ciencia cuxo obxectivo é reparar o corazón e afastalo de todo o que non sexa Deus."[4] Ou ben, en palabras do mestre sufí darqawi Ahmad ibn Ajiba, "unha ciencia a través da cal se pode coñecer como introducirse na divina presenza, purificar o propio interior da sucidade, e embelecelo con diversas características loables."[5]
Os sufís clásicos foron caracterizados polo seu apego ao dhikr (unha práctica que consiste en repetir os nomes de Deus) e o ascetismo. O sufismo gañou adeptos entre moitos musulmáns como reacción ao comportamento mundano do primeiro Califato Omeia (661-750 d.C.[6]). Os sufís abarcaron varios continentes e culturas ao longo dun milenio, expresándose primeiro en árabe, logo en persa, turco e unha ducia de linguas máis.[7] Os "mandatos" (ṭuruq), que proveñen da doutrina suní ou chií ou de ámbalas dúas mesturadas [8], calcan moitos dos preceptos orixinais do profeta islámico Mahoma a través do seu curmán ‘Alī, coa notable excepción do Naqshbandi, quen traza a súa orixe a través do primeiro Califa, Abu Bakr.[9] Outras escolas de sufismo exclusivas descríbense a si mesmas como marcadamente sufís.[10]
De acordo con Idries Shah, a filosofía sufí é de natureza universal, as súas raíces preceden ao ascenso do Islam e as outras relixións modernas, agás quizais o hinduísmo e os seus derivados, o budismo e o xainismo; así mesmo, algúns musulmáns consideran o sufismo fóra da esfera do Islam.[1][11] Así e todo, os principais estudosos do Islam opinan que simplemente é o nome da dimensión interior e esotérica do Islam.[1]
Arquitectura sufí [editar]
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Dr. Alan Godlas, University of Georgia, Sufism's Many Paths, 2000, University of Georgia
- ↑ Nuh Ha Mim Keller, "How would you respond to the claim that Sufism is Bid'a?", 1995. Fatwa dispoñible en: Masud.co.uk
- ↑ Dr. Zubair Fattani, 'The meaning of Tasawwuf', Islamic Academy. Islamicacademy.org
- ↑ Ahmed Zarruq, Zaineb Istrabadi, Hamza Yusuf Hanson—"The Principles of Sufism." Amal Press. 2008.
- ↑ Fons Vitae publicou unha tradución ao inglés da biografía de Ahmad ibn Ajiba.
- ↑ Hawting, Gerald R. (2000). The first dynasty of Islam: The Umayyad Caliphate AD 661-750. Routledge. ISBN 0415240735. O título do libro confirma este dato. Ver Google book search.
- ↑ Michael Sells, Early Islamic Mysticism, pg. 1
- ↑ Rehearing Quran in open Translation Neil Douglas-Klotz
- ↑ Kabbani, Muhammad Hisham (2004). Classical Islam and the Naqshbandi Sufi Tradition. Islamic Supreme Council of America. p. 557. ISBN 1930409230.
- ↑ http://www.uga.edu/islam/sufismwest.html
- ↑ Idries Shah, The Sufis, ISBN 0-385-07966-4