Gasherbrum II

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Gasherbrum II
Gasherbrum II

O Gasherbrum II, con 8.035 m.s.n.m. é a decimoterceira montaña do mundo pola súa altura. Tense por un dos picos máis accesíbeis entre os que superan os oito mil metros de altura, e só o Everest e o Cho Oiu gozan de máis ascensións.

Índice

[editar] Situación

O Gasherbrum II está situado na fronteira entre Paquistán e a China, con as coordenadas 35º 45' 31" N e 76º 39' 10" E. Forma parte do macizo do Gasherbrum, a súa vez integrado no cordal do Karakorum, que é un ramal occidental do Himalaia. Todo ese macizo dos Gasherbrum forman a cabeceira do glaciar de Baltoro, moi cercano ao K2, polo que compartiran as primeiras exploracións da zona.

[editar] Denominacións

O nome Gasherbrum procede do balto rgasha brum que significa "montaña fermosa". Nos primeiros recoñecementos topográficos do Karakorum foi baptizado como K4 (é dicer como cuarto pico do Karakorum).

[editar] Ascensos

O 7 de xullo de 1956, ás once e media da mañá os austríacos Sepp Larch, Fritz Moravec e Hans Willempart pisaron o cume do Gasherbrum II. Formabann parte dunha expedición patrocinada pola Sociedade Austríaca do Himalaia. Utilizaron na súa escalada a ladeira do suroeste.

En 1980, os cataláns Pere Aymerich e Enric Font, en colaboración cunha cordada xaponesa, coroaron a cima da montaña.

No 2000 o guipuzcoano Félix Iñurrategui chega ao cume do Gasherbrum II.

[editar] Ver tamén

Ferramentas persoais