Broad Peak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 35°48′35″N 76°34′25″E / 35.80972°N 76.57361°E / 35.80972; 76.57361


O Broad Peak.

O Broad Peak é unha montaña de 8.047 m de altitude, o décimo segundo pico máis alto da Terra. Forma parte do macizo do Gasherbrum situado na cadea do Karakorum, un brazo da cordilleira do Himalaia. Está sito na fronteira entre China e Paquistán.

Outros nomes[editar | editar a fonte]

O nome usual en Occidente é unha versión inglesa da denominación autóctona Falchen Kangri, que fai referencia á anchura da súa cima. O Broad Peak foi tamén denominado como K3 (é dicir, terceiro pico do Karakorum) por T.G. Montgomery, en 1856, cando se efectuou un recoñecemento do Karakorum por vez primeira.

Ascensións[editar | editar a fonte]

O 9 de xuño de 1957 realizouse a primeira escalada exitosa ao Broad Peak, por parte dunha expedición austríaca dirixida por Marcus Schmuck. Alcanzaron o cume Hermann Buhl, Kurt Diemberger, Fritz Wintersteller e máis o mesmo Marcus Schmuck.

En 1981 logrouse a primeira ascensión de españois a cargo dunha expedición catalá, chegando á cima Enric Pujol, que faleceu durante o descenso, e máis Manuel Hernández, utilizando a vía normal.