Tintín no Tíbet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tintín no Tíbet (en francés Tintin au Tibet) é un álbum de aventuras de As aventuras de Tintín, escrito e ilustrado polo historietista belga Hergé. Publicouse en francés en 1960.

Tintín no Tíbet é o vixésimo libro da serie As aventuras de Tintín. Díxose que foi o álbum favorito de Hergé (previamente foino O segredo do Unicornio), e foi escrito durante un período difícil da súa vida, cando se estaba divorciando da súa primeira esposa. A historia é diferente á dos outros libros de Tintin, de antes ou de despois: non hai inimigos e só un pequeno número de personaxes. A historia é tamén inusualmente emotiva para Tintin: momentos de moita emoción como o obstinada crenza de Tintin na supervivencia de Chang, o descubrimento do osiño de peluche na neve, o Capitán Haddock sacrificándose para salvar a Tintin, o regreso de Tharkey, o encontro con Chang, e como o yeti perde o seu único amigo. Podemos ver a Tintin chorando ao imaxinar o destino de Chang, algo que só se fai en dúas ocasións ao longo de toda a serie (a outra ocasión é O Loto Azul).

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Todo comeza nun imaxinario centro turístico en Vargèse (departamento de Savoia) xunto ao Capitán Haddock, Tintín le sobre un accidente aéreo nas montañas do Himalaia. Esa mesma tarde no hotel, Tintín dórmese un pouco mentres xoga ó xadrez co Capitán, a quen lle esta custando decidir o seu próximo movemento. Tintín ten un soño moi real sobre o seu amigo Chinés Chang Chong-Chen (véxase O Loto Azul) espertando no medio dun aeroplano en chamas, e neste momento esperta violentamente, gritando "chang!" e tirando todo o que hai na mesa. Á mañá seguinte, le no xornal que Chang atopábase no avión sinistrado en Tibet. Crendo firmemente que o soño era unha visión certa, Tintín viaxa a Kathmandu, seguido por un máis que escéptico Capitán Haddock. Alli contratan a un sherpa chamado Tharkey, e acompañados por varios carrexadores, diríxense ao lugar do impacto.

Tras unha serie de acontecementos, descobre grandes pegadas na neve e Tharkey afirma que pertencen ao yeti. Os porteadres abandonan ao grupo, e Tintín, Haddock e Tharkey seguen, tomando a carga que poden. Finalmente conseguen chegar ao lugar da colisión, onde Tintín atopa un osiño de peluche semisoterrado na neve, o cal parece ser pertenza de Chang. Tintín intérnase na neve tratando de seguir os pasos de Chang, e atopa unha cova onde Chang tallou o seu nome na roca. Seguidamente prodúcese unha tormenta e Tintín cae nunha fenda na terra, reincorpórase a Haddock e Tharkey, quen se abrigaron no avión sinistrado.

Tharkey decide non seguir máis adiante, afirmando que Chang estaba morto, e Tintín, Milú e Haddock proseguen cando Tintín ve unha bufanda na ladeira dunha montaña. Haddock perde o seu agarre e se balancea perigosamente sobre ó abismo. Quere que Tintín corte a corda que lles une e poida salvarse, pero Tintín rexeita a idea, dicindo que ou se salvan ambos ou morren xuntos. Tharkey, movido polo desinterese de Tintín, volve xusto a tempo para salvalos. Montan unha tenda na cima, pero o forte vento lévalla, ata a cara do ieti. Deciden camiñar toda a noite, e finalmente ven o mosteiro de Khor-Biyong. Prodúcese unha avalancha, e os tres son enterrados pola neve.

Raio Bendito, un monxe do mosteiro, 've' a Tintín, Milú, Haddock e Tharkey na neve, nunha visión. Arriba nas montañas, Tintín recupera a conciencia, e incapaz de chegar ata o mosteiro, escribe unha nota e manda a Milú para que a entregue. Milú marcha ao mosteiro pero se entretén e perde a nota. Por fin Milú consegue que os monxes síganlle.

O capitán Haddock esperta no mosteiro. Alí atopa a Tintín e Tharkey de novo. Despois Tintín cóntalle ao Gran Abade porqué están alí, e este recoméndalles abandonar a procura e volver ao seu país. Raio Bendito ten outra visión, a través da cal Tintín conclúe que Chang segue vivo, nunha cova, pero o "migou" (o yeti) reteno. Haddock non cre na visión, pero o abade explícalle que moito do que ocorre en Tibet parece imposible aos occidentais. Tintín diríxese a Charabang, un pobo nas montañas próximo onde Raio Bendito dixo que se atopaba Chang. Haddock ao principio rexeita seguir a Tintín, pero acaba indo a Charabang, e ambos, con Milú, escalan ata o "Corno do Iac" - o sitio onde o monxe viu a Chang.

Esperan ata que o yeti abandona a cova. Tintín entra cunha cámara, xa que o Capitán ordenoulle tomar unha fotografía ao yeti se podía. Dentro da cova, Tintín atopa ao fin a Chang, quen esta tremendo e con febres. Haddock non consegue avisar a Tintín do regreso do yeti, e este penetra na cova, Tintín nervioso dispara accidentalmente o flash da cámara. O yeti, asustado pola potente luz, sae correndo da cova, embestindo ao Capitán, quen estaba entrando na cova. Levan en padiola a Chang, este cóntalles a historia da súa supervivencia, e de como o yeti coidouno. Chang chama o yeti "Pobre Home das Neves", e a Tintín asómbralle que non dixese "abominable". "Por suposto que non," di Chang, "el coidoume. Sen el morrera de frío e fame." Atópanse de novo co Gran abade e un comité de monxes, que regalan a Tintín unha bufanda de seda en honra á coraxe demostrada, e a fortaleza da súa amizade con Chang. Son hospedados de novo no mosteiro, e tras unha semana, cando Chang recupérase, volven a Nepal en cabalo. Chang medita sobre que o yeti non é un animal salvaxe, senón que ten un alma humana.

Erros[editar | editar a fonte]

Herge intentou ser máis exacto respecto do cultural que no Loto azul e a linguaxe que berra repetidamente un personaxe autóctono en Kathmandu esta escrito en Devanagari. Con todo, este é en realidade hindi e non nepalí. A maioría de nepalís non coñecen nada de hindi.

Premios[editar | editar a fonte]

O libro foi votado como a mellor novela gráfica en francés de todos os tempos nunha enquisa de profesionais, editores e críticos. [1]

O 1 de xuño de 2006, Tintín converteuse no primeiro personaxe de ficción galardoado co premio Luz da Verdade outorgado polo Dalai Lama . "Para moita xente ao redor do mundo Tintín no Tíbet é o seu primeiro contacto co Tíbet, a beleza das súas paisaxes e a súa cultura. E é algo que foi pasando a través de xeracións," dixo Simon van Melick, director do International Campaign for Tibet. Campaña Internacional polo Tíbet Durante a cerimonia foron distribuídas copias de Tintín in Tibet en Esperanto (Tinĉjo en Tibeto) entre asistentes e xornalistas.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • A historia desenvólvese en 1958, visible no cuño da páxina 3
  • Unha versión en Tibetano foi publicada pola Ed.Casterman en 1994.
  • En 2001 a Fundación Hergé Foundation bloqueou as tentativas chinesas de reescribir a Tintín e a historia do Tíbet na tradución a lingua chinesa do álbum, porque se publicou co nome de "Tintín na China do Tibet". O libro volveu ser publicado co título orixinal, "Tintín no Tibet".
  • Existe un xogo baseado no libro chamado Tintín in Tibet Game.
  • Debido a un erro de tradución, na versión inglesa, cambiouse o nome de Chang polo de "TCHANG", en parte da historieta.