Nanga Parbat
Coordenadas: 35°14′15″N 74°35′21″E / 35.2375°N 74.58917°E
O Nanga Parbat é un cumio da cordilleira do Himalaia, de 8.126 m, sendo a novena montaña máis alta do mundo e a segunda de Paquistán. Situado ao norte do país, é o pico superior aos oito mil metros localizado máis ao occidente.
Topónimo [editar]
O nome do monte significa montaña espida en urdu e hindi. A denominación débese a que se trata dunha montaña illada, separada do resto de grandes montañas, feito que a fai destacar na paisaxe circundante. Este mesmo isolamento faina ao tempo especialmente perigosa para os escaladores.
En caxemir o seu nome é Diamir, que quere dicir rei das montañas.
Cimas secundarias [editar]
O Nanga Parbat, como outras montañas elevadas, ten varios cumes menores, a parte do principal, entre os que cómpre desetacar os seguintes:
| Nanga Parbat | 8.126 m |
| Nanga Parbat, lomba | 8.070 m |
| Nanga Parbat, cima sur | 8.042 m |
| Nanga Parbat, cima nordeste | 7.910 m |
| Nanga Parbat, cima norte | 7.815 m |
| Nanga Parbat, 2ª cima norte | 7.785 m |
| Nanga Parbat, Silberzacken | 7.597 m |
| Nanga Parbat, cima leste | 7.530 m |
Ascensións [editar]
En 1953 unha expedición alemá, dirixida por Karl-Maria Herrligkoffer, logrou pisar o cume do Nanga Parbat o 3 de xullol de 1953. O único integrante desta expedición que chegou a cima foi o escalador austríaco Hermann Buhl, con o mérito engadido de facelo sen máscara de osíxeno.