Dhaulagiri
O Dhaulagiri cunha altura de 8.167 m.s.n.m. é a séptima montaña máis elevada da terra e a cima máis alta situada por enteiro nun único país.
Índice |
[editar] Nome
O nome é unha contracción do sánscrito Dhavali giri, que significa "montaña branca".
[editar] Situación
O Dhaulagiri está situado a 26º 41' 47 N e 83º 29' 43 L, no centro-norte do Nepal, relativamente perto da fronteira do Tíbet. Forma parte da cadea do Himalaia, a uns 35 km de distancia ao leste do pico do Annapurna, do que o separa o val de Kali Gandaki.
[editar] Confusións sobre a altura
Foi descuberto para a cartografía en 1808 e ao longo de arredor de 30 anos despois foi considerado como o teito do mundo, até o descubrimento do Kanchenjunga, que pasou a ocupar o lugar, tamén erradamente, por uns anos.
[editar] Conformación
O Daulaghiri é un macizo composto de dez picos que superan os 7.000 m:
| Dhaulagiri I | 8167 m |
| Dhaulagiri II | 7751 m |
| Dhaulagiri III | 7715 m |
| Dhaulagiri IV | 7661 m |
| Dhaulagiri V | 7618 m |
| Churen Himal (Central) | 7385 m |
| Churen Himal (Leste) | 7371 m |
| Churen Himal (Oeste) | 7371 m |
| Dhaulagiri VI | 7268 m |
| Putha Hiunchuli | 7246 m |
| Gurja Himal | 7193 m |
[editar] Primeiro ascenso
A cima foi conquistada polos humanos o 13 de maio de 1960, por unha expedición conxunta helvético - austriaca, conducida por Max Eiselin, ao que acompañaban Kurt Diemberger, Peter Diener, Ernst Forrer, Albin Schelbert, Nyima Dorji e Nawang Dorji. Foi a primeira expedición ao Himalaia que contou con apoio aéreo, cun avión, un Pilatus PC-6, que por desgraza se estrelou contra a montañ, onde o aparello ficou abandonado.
[editar] Outras ascensións
En 1979 tivo lugar a primeira escalada á cima de españois: o catalán Jordi Pons e os vascos Iñaki Aldaya, Javier Garayoa e Gerardo Plaza.