Subdución

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diagrama dunha zona de subdución.

En tectónica de placas, a subdución é o proceso de afundimento dunha placa litosférica (normalmente unha placa oceánica) baixo outra (normalmente, unha placa continental) nun límite converxente.[1]

A subdución ocorre ao longo de amplas zonas de subdución que, no presente, se concentran nas costas do océano Pacífico, no chamado cinto de fogo do Pacífico, pero tamén hai zonas de subdución en partes do mar Mediterráneo, as Antillas e a costa índica de Indonesia.

A subdución é causada por dúas forzas tectónicas: unha que provén do empuxe das dorsais mesooceánicas e outra que deriva do empuxe de bloques.[2]

A subdución provoca recorrentes terremotos[1] de gran magnitude, os cales se orixinan na zona de Benioff. Tamén causa a fusión parcial de parte do manto terrestre, xerando magma que ascende dando lugar a volcáns.[3]

O ángulo de subdución, o ángulo que forma o plano da zona de Benioff coa superficie terrestre, pode variar entre cerca de 90° nas Marianas a tan só 10° en Perú.[4]

A codia oceánica que está en vías de ser subducida na fosa das Marianas é a codia oceánica máis antiga da Terra, se contar ofiolitas. A subdución empinada esta asociada á extensión do retroarco,[5] provocando a migración de codia dos arcos volcánicos e fragmentos de codia continental deixando atrás un mar marxinal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Plate tectonics, Encyclopedia of Earth. Revisada o 8 de outubro de 2013
  2. Artimieva 2011, p. 667.
  3. (en inglés) Volcanoes related to plate boundaries. p. 1. http://global.britannica.com/EBchecked/topic/632130/volcano/24476/Volcanoes-related-to-plate-boundaries#toc253606. Consultado o 8 de xuño de 2013.
  4. Kearey, Philip; Klepeis, Keith A. e Vine, Federick J. (2009): Global Tectonics, p. 262.
  5. Lallemand, Serge; Heuret, Arnauld; Boutelier, David. 8 de setembro de 2005 "On the relationships between slab dip, back-arc stress, upper plate absolute motion, and crustal nature in subduction zones". Geochemistry Geophysics Geosystems, vol. 6 nº 9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Subdución

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Artimeva, I. (2011): The Lithosphere: An Interdisciplinary Approach. Cambridge University Press.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]