Gasherbrum I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 35°43′15″N 76°42′35″E / 35.72083°N 76.70972°E / 35.72083; 76.70972


O Gasherbrum I

O Gasherbrum I é unha montaña que con 8.068 m.s.n.m. que se sitúa como décimo primeira cima máis alta do planeta. Ás veces é tamén denominado K5 ou, mesmo, Pico Oculto (Hidden Peak). O Gasherbrum I forma parte do macizo do Gasherbrum, situado na cadea do Karakorum, un xigantesco ramal do Himalaia, na fronteira entre Paquistán e China.

Orixe dos nomes alternativo[editar | editar a fonte]

O Gasherbrum I foi denominado K5 (significando que era o quinto pico do Karakoram) por T.G. Montgomery, en 1856, cando se fixo o primeiro recoñecemento do Karakorum. En 1892, William Martin Conway doulle outro nome, Hidden Peak (Pico Oculto ou Escondido), en referencia ao seu extremado afastamento.

Ascensións[editar | editar a fonte]

A primeira ascensión foi realizada por unha expedición norteamericana o 5 de xullo de 1958, so a dirección de Nich Clinch. Dous membros alcanzaron a cima: Pete Schoening e Andy Kauffman.

No ano 1983 houbo tres expedicións, suíza, polaca e española, que atinxiron o cume.

Abel Alonso, veciño pontevedres faleceu xunto con Xebi Gómez e Álvaro Paredes, despois de ter feito cumio o 21 de xullo do 2013 ao perderense nunha tormenta no descenso