Gangkhar Puensum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 28°02′49″N 90°27′18″L / 28.046944444444, 90.455

Cumio de Gangkhar Puensum.

Gangkhar Puensum (en dzongkha: གངས་དཀར་སྤུན་གསུམ་) é a montaña máis alta de Bután e a máis alta do mundo cuxo cumio aínda non se acadou. Ten unha altitude de 7.570 metros e unha prominencia de 2.990 metros. O seu nome significa O pico branco dos tres irmáns espirituais.[1] Trala apertura de Bután para o montañismo en 1983, catro expedicións tentaron, sen éxito, escalar o cumio nos anos 1985 e 1986.[2] Porén, en 1998, un equipo conseguiu acadar un pico subsidiario da montaña dende a China.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Berry, S.K. (1988). "Kingdom Of The Thunder Dragon". Himalayan Journal 44. Consultado o 18 de setembro de 2014. 
  2. Berry, Steven K. (1988). The Thunder Dragon Kingdom : A Mountaineering Expedition To Bhutan. Wiltshire: Crowood Press. ISBN 0-938567-07-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]