Clima polar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zonas de clima polar (Clase E)
Radación solar

O clima polar está caracterizado por ter case permanentemente temperaturas por baixo de 0 °C; e as precipitacións son moi escasas. A humidade relativa no aire é moi baixa e o vento adoita ser bastante intenso, o que fai aínda máis hostís as condicións de vida neste clima.

O clima polar dáse principalmente nos dous polos, alcanzando unhas condicións máis severas na Antártida, posto que ao tratarse dun continente, as temperaturas son máis frías que as do Polo norte, chegando a alcanzar os -70, -80 e até -89,5 °C (marca na superficie da Terra).

O clima das zonas máis altas das principais cordilleiras do planeta aseméllanse moito ao polar, podéndose dar nos cumes do Himalaia, dos Andes ou das montañas de Alasca.

Os medios naturais da zona fría ou medios polares localízanse entre os círculos polares Ártico e Antártico e os correspondentes polos norte e sur, entre os 65º e os 90º de latitude norte e sur.

Características[editar | editar a fonte]

As temperaturas[editar | editar a fonte]

As temperaturas son baixas todo o ano, pois nunca alcanzan os +10 °C, chegando no inverno até os -50 °C. As causas son a forte inclinación dos raios solares e a alta capacidade do xeo e da neve para reflectilos. No entanto, existen diferenzas entre os bordos das zonas polares, onde a temperatura do verán sobe de 0 °C, e a zona de casquete polar, onde permanece sempre baixo 0 °C.

As precipitacións[editar | editar a fonte]

As precipitacións son escasas, inferiores a 250–300 mm ao ano, debido á presenza permanente de anticiclóns, e caen habitualmente en forma de neve.

Hidrografía[editar | editar a fonte]

As augas só atópanse en estado líquido nas zonas onde a temperatura sobe de 0 °C.

Contexto: climas fríos[editar | editar a fonte]

Hai tres, están: Clima continental frío (norte e nordés de Europa, sur e centro de Siberia, Canadá, e Alasca) Clima polar (no Ártico e na Antártida). Clima montañoso (zonas montañosas de máis de 3.500 msnm preto do Ecuador, até 1.000 msnm en rexións frías).

Hai dúas zonas frías, unha no hemisferio norte e outra no hemisferio sur. A primeira está situada ao norte do círculo polar ártico e a segunda ao sur do círculo polar antártico. Nos polos as temperaturas son moi baixas porque os raios solares chegan moi inclinados respecto da superficie terrestre.