Annapurna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 28°35′46″N 83°49′13″L / 28.596111111111, 83.820277777778

Annapurna

Annapurna I e o sur do Poon Hill
Altitude: 8091 metros (26545 pés)
Posición 10
Localización: Nepal
Cordilleira: Himalaia
Primeira acensión: 1950 por Maurice Herzog e Louis Lachenal
Rota máis doada: glaciar/neve/escalada no xeo

O Annapurna é unha montaña do Himalaia, no Nepal. É a décima máis alta montaña da Terra.

O Annapurna posúe diversos picos secundarios:

  • Annapurna I 8.091 m
  • Annapurna II 7.937 m
  • Annapurna III 7.555 m
  • Annapurna IV 7.525 m
  • Gangapurna 7.455 m
  • Annapurna Sur 7.219 m

O Annapura foi a primeira montaña con máis de 8.000 metros a ser escalada. Annapurna é un nome sánscrito que significa Deusa das recoltas.

Acensións[editar | editar a fonte]

1950 - Maurice Herzog e Louis Lachenal atinxe o cumio o 3 de xuño, nunha expedición da cal participaban tamén Lionel Terray e Gaston Rébuffat.

A face sur do Annapurna venceuse pola primeira vez en 1970 por unha expedición británica liderada por Chris Bonnington e que incluía o alpinista Ian Clough, que morreu durante o descenso, atinxido por un piar de xeo desprendido da montaña.

En 3 de febreiro de 1987, Jerzy Kukuczka e Artur Hajcer, un alpinista polaco, fixeron a primeira ascensión dun pico de máis de 8.000 metros durante o inverno.

Trekking[editar | editar a fonte]

A rexión do Annapurna é célebre polas súas posibilidades de trekking.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]