Lingua nepalesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nepalés
नेपाली / Nepālī
Falado en: Flag of Nepal (with spacing).svg Nepal
India India
Flag of Bhutan.svg Bután
Total de falantes: 13,9 millóns aprox.
Posición: 59
Familia: Indoeuropea
 Indo-iranio
  Indo-ario
   Septentrional
    Oriental
     Nepalés
नेपाली / Nepālī
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Flag of Nepal (with spacing).svg Nepal, Sikkim Flag of India.svg
Regulado por: Academia da lingua de Nepal
Códigos de lingua
ISO 639-1: ne
ISO 639-2: nep
ISO 639-3: [http://www.sil.org/iso639-3/documentation.asp?id=nep nep nep]

O nepalés é o idioma oficial do Nepal, aínda que é falado tamén nalgunhas zonas do norte da India e Bután. Esta lingua pertence á rama indo-irania da familia indoeuropea. Así como moitos dos idiomas do sur de Europa (como o galego, o italiano, o castelán, o francés, o portugués, etc...) desenvolvéronse a partir do idioma latino e este do indoeuropeo, do mesmo xeito moitos dos idiomas do norte de India (entre eles o nepalés) desenvolvéronse a partir do sánscrito, que actualmente non é unha lingua morta (contrariamente a moitas crenzas, aínda que hoxe tan só ten ao redor de 200.000 falantes), e orixinalmente tamén provén do indoeuropeo.

O vocabulario provén na súa maior parte do sánscrito, aínda que ten algunhas palabras prestadas do árabe e do persa (que lle chegaron a través do hindi e do urdú). Recentemente aumentáronse os préstamos do inglés.

O nepalés escríbese no alfabeto Devanāgarī, por exemplo: गअलइसप que significa 'Galiza'.

A tipoloxía é suxeito-obxecto-verbo.

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua nepalesa.