Pumori

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 28°0′53″N 86°49′41″E / 28.01472°N 86.82806°E / 28.01472; 86.82806

Pumori desde o campo base.

O Pumori (en nepalés: पुमोरि) (ou Pumo Ri) é unha montaña do Himalaia, situada na fronteira entre Tíbet e Nepal, de 7.161 metros e arrededor de 8 quilómetros ao oeste do Monte Everest. O nome Pumori, que quere dicir "irmá solteira" no dialecto tibetano da zona, foi posto por George Mallory. Os alpinistas a chaman, ás veces, "A filla do Everest".