Andaman e Nicobar
| Andaman e Nicobar | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Port Blair |
| País | India |
| Localización | Océano Índico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2008) | 415.000 hab. |
| Superficie | 8.249 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 11°41′N 92°46′E / 11.683°N 92.767°E |
| Maior Altura | |
| Localización | |
As Illas de Andamán e Nicobar (támil: அந்தமான் நிகோபார் தீவுகள், hindi: अंडमान और निकोबार द्वीप) forman parte dos territorios da India. Están localizadas no Océano Índico, as de Andamán ao norte e Nicobar ao sur. A capital do territorio é Port Blair.
Índice |
[editar] Historia e características
O nome de Andaman vén de Handuman que é a palabra para o hindú Hánuman en malaio. Nicobar en malaio significa terra das persoas espidas.
Estas illas foron descritas polo viaxeiro veneciano Marco Polo a finais do século XIII. Delas di: "Non teñen rei nin señor de ningunha clase e son como bestas salvaxes... Tanto os homes como as mulleres van completamente espidos... non teñen casas... nin lei nin orde... son xente moi cruel e comen con gusto crus aos homes, a todos os que poden coller, con tal que non sexan da súa tribo".
As illas foron tomadas polos Maratha no século XVII e o lendario corsario Kanhoji Angre atacou as rutas marítimas coloniais desde unha base nestas illas. O Reino Unido ocupou as illas ata que foron tomadas polos xaponeses durante a Segunda Guerra Mundial. As illas foron postas posteriormente baixo a autoridade do Arzi Hukumate Azad Hind (goberno provisional para unha India libre) de Netaji (ou Subhash Chandra Bose). Netaji visitou as illas durante a guerra, renomeándoas como "Shaheed" (Mártir) e "Swaraj" (Autogoberno). O xeneral Loganathan, do Exército Nacional Indio foi nomeado gobernador das Illas de Andamán e Nicobar.
Coa independencia da India en 1947, pasaron a ser un dos 6 territorios do país.
Os británicos usaron as illas como prisión para membros do "Movemento para a Independencia da India". Esta forma de encarceramento foi chamada Kalapani e a prisión de Port Blair foi considerada como a "Siberia da India británica"
O 26 de decembro de 2004 as costas das Illas de Andaman e Nicobar foron devastadas por un un tsunami de 10 metros como consecuencia do Terremoto do Océano Índico 2004. Polo menos 7.000 persoas morreron durante o desastre nas illas. Mentres que a maioría das vítimas foron colonos, a maior parte da poboación aborixe sobreviviu grazas a tradicións orais pasadas de xeración en xeración que os advertiron de abandonar as costas e refuxiárense nas montañas cando se producían terremotos.