Lhotse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 27°57′42″N 86°56′00″L / 27.961666666667, 86.933333333333

Lhotse

Vista xeral do Lhotse
Localización xeográfica
CordilleiraHimalaia
Localización administrativa
Localizaciónfronteira entre Nepal e o Tíbet
Características xerais
Altitude8516 m
Ruta máis fácilpolo glaciar

O Lhotse, (en nepalés: ल्होत्से, en tibetano: ལྷོ་རྩེ) con 8516 metros (8501 na medición antiga) é a cuarta montaña máis alta da Terra. Sitúase na cadea do Himalaia, na fronteira entre Nepal e o Tíbet, moi preto do Everest. Esta proximidade ao Everest ten feito que fose ignorada por moitos montañeiros. O macizo conta con varias cimas secundarias que superan os oito mil metros, así: o Lhotse do medio (sito ao leste) con 8414 m e o Lhotse Shar, con 8383 m.

Nome[editar | editar a fonte]

O Lhotse é o cume E-1 dos servizos cartográficos da India, xa que segundo se di, era unha montaña que carecía dun nome local, ora en tibetano, ora fose en nepalés. Durante o mes de agosto de 1921, nun recoñecemento no Everest, a cargo de Howard Bury, ao non atopar unha designación local, púxolle de nome: Lhotse, que en tibetano quere dicir pico sur, en referencia a que a cima se sitúa ao sur do Everest.

Ascensión[editar | editar a fonte]

En 1956 a expedición suíza dirixida por Albert Eggler e formada por Wolfgang Diel, Hans Grimm, Hansrudolf Von Gunten, Eduard Leuthold, Fritz Luchsinher, Jürg Marmet, Fritz Müller, Ernest Reiss, Adolf Reist e Ernst Schmied, ademais de 22 sherpas, ás ordes de Pasang Dawa Lama achegáronse para tentar conquistar o cume do Lhotse. O 18 de maio Fritz Luchsinger e Ernst Reiss lograron o obxectivo.